Andrés Pereiro, campión do trofeo Albert Costa 2021

Campiones Albert Costa

Do 26 ó 30 de marzo disputouse no Clube de Tenis Urgell, o XXI Trofeo Albert Costa.

Andrés Pereiro López, nado en Lugo, foi invitado a xogalo e partiu como cabeza de serie número un no cadro. O xogador lugués estreouse en octavos contra Iker Perales, gañando Andrés por 6-3/6-2. En cuartos tocoulle xogar ante o toledano Maxi Carrascosa, levandose a victoria o tenista lucense baixo un 6-4/6-0. Nas semifinais enfrentouse contra o xogador catalá Jose Ignacio Cuevas, partido que acabou levandose Andrés cun claro marcador 6-1/6-1.

 

Andrés Pereiro no trofeo Albert Costa

O martes 30 de marzo ás 10 da mañá chegou o momento de xogar a ansiada final do trofeo ante Enrique Carrascosa, irmán de Maxi Carrascosa xorgador que xa gañara en cuartos de final. A pesar de que Andrés perdeu o primeiro set cun resultado de 3-6, o xogador lucense foi capaz de darlle a volta quedando un resultado final: 3/6-6/3-6/4, e conseguindo quedar campión do trofeo Albert Costa 2021.

Na categoría feminina a Campiona de España Alevín do ano pasado, Sofía Fernández conseguiu a victoria ante a alicantina Charo Esquiva, 6-1/6-1.

Dende a redacción de congrasilla.com e dende o Clube de Tenis CDL (Cidade de Lugo), queremos darlle os parabéns a Andresito. Segue traballando con esas ganas e chegaras moi lonxe!!

Tamén non queremos olvidarnos de felicitar a Chiki, pai e adestrador dende pequeno de Andrés; e a Pere, actual adestrador. Parabéns ós dous polo que estades a conseguir!!

¿Queres compartilo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *