Carreira, Jairo, Mario Formoso e Saúl Vérez chegan ás semifinais da I Liga de Vilalba de Tenis

Chegamos á recta final da I Liga de Vilalba de Tenis. Esta liga nos plantexou un sistema novedoso e fresco de competición federada e que fixo as delicias dos que tivemos a sorte de participar.

Recordámosvos que esta liga está organizada polo Clube de Tenis Vilalbés e capitaneada por Paulino Fernández Seoane.

Xa estamos na fase final de esta liga que estivo composta inicialmente por 2 grupos de 9 xogadorxs por cada grupo:

Grupo A

  • Jairo Fernández
  • Mario Formoso
  • Saúl Vérez
  • Rafael Lopes Sousa
  • Miguel Río del Valle
  • Amador Martínez García
  • Pepe Fraga Martínez
  • J. María Fernández Segura
  • Roi Fraga Regueira

Grupo B

  • Xoan Carretero Incio
  • Xose Anxo Carreira Montes
  • Julio Guntín Vázquez
  • Ricardo González Vaccarello
  • Paulino Fernandez Seoane
  • Icia Fraga Regueira
  • Alejandro Baamonde Rama
  • Juan Pumares Gomez
  • Hugo Teijeiro Cabarcos

Logo de varios meses competindo entre nos, pasaban á seguinte fase os catro primeiros de cada grupo e, o resto de xogadorxs, participarían nunha fase de consolación. Os grupos quedaron da seguinte maneira:

Grupo A

  • Jairo Fernández
  • Mario Formoso
  • Saúl Vérez
  • Miguel Río del Valle

Grupo B

  • Xoan Carretero Incio
  • Xose Anxo Carreira Montes
  • Julio Guntín Vázquez
  • Ricardo González Vaccarello

Unha vez se coñecían todos os resultados, levouse a cabo o sorteo da 2ª Fase do cadro final e consolación, quedando así os cadros:

cadro fase final I Liga de tenis de vilalba

cadro consolación I Liga de tenis de vilalba

Esta semana do 15 de Xuño daránse cita as semifinais do torneo con dous duelos de xogadores que se coñecen moi ben. O xogador lucense Carreira, o xogador local Jairo e os xogadores Ponteses, Mario e Saúl:

  • Xose Anxo Carreira Montes (LUG) vs Jairo Fernández (VIL)
  • Mario Formoso (AAPP) vs Saúl Vérez (AAPP)

Pronto saberemos quen será o campión da Liga e o noso diario voltará a prender as rotativas para informarvos das últimas novidades.

Enviado Especial Vilaba,

Xaime Rodrigues (Bis).

 

 

¿Queres compartilo?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *