Clube de Tenis A Pedralba vs Clube de Tenis Cidade de Lugo. Interclubes 2023 (volta)



Voltamos a pasar por aquí para contarvos a actualidade do CDL na fase de descenso a 2ª división galega.
Entre bostezos, malas caras e problemas conxugales entre as parellas do clube, arrancamos via Bergondo nunha mañá nublada. Valentín, alleo á problemática lucense, unha vez máis poñía a proba as instalacións de augas residuais que brinda o Excmo Concello de A Coruña a todos os seus cidadans antes de partir cara Bergondo.
Sabendo que soe haber xornadas gastronómicas no clube de tenis de A Pedralba, pasando por Outeiro de Rei, falamos con Lolo Chousa (patrocinador oficial do clube CDL) e agasallounos con dous sacos de barras galegas por se nos coincidía que houbera novamente callos para comer. Recordo que no ano 2014 Carreira perdeu o seu reloxio mollando pan de Chousa nunha tapa de callos en A Pedralba, pero esos eran outros tempos.
Dábamonos cita nun clube que nos encanta, que coñecemos de vello e que sempre nos levou ó límite en competición. Alí estaba Valentín agardando por nos e con un ánimo desenfrenado ó ver no bar unha pota de 50 litros chea de callos. Con esta boa nova saltábamos a pista:
- Xogaban polo CT A Pedralba: Jorge Mato (4), Héctor Nuñez (3), Ivan Gonzalez (2) e Gonzalo Casal (1).
- Xogaban pola parte do CT CDL: Valentin (4), Oscar (3), Xaime (2), e Carreira (1).
Cas baixas de Saúl (por lesión) e Miguel Búa (por temas persoais), Valentín e Oscar saltaban a pista.
Valentín cual miura enfróntábase a un rival correoso, duro de batir e con moito temple. Jorge Mato, xogador local de gran talento que basa o seu xogo no tenis control. Despois dun set igualado, Valentín fixo moito dano ó xogador local ca súa dereita e no segundo set resolveu de maneira cuasi perfecta con gran desempeño. 6-4 6-4 para Valentín.
O mellor certificador da provincia de Lugo e de parte do extranxeiro, Oscar Luis Expósito, saltaba a pista contra Héctor Núñez. Esa manita que caracteriza a Hector, o seu bo facer e ese temple en momentos clave fixo que o partido se fora decantando lentamente para o xogador local cun xogo preciosista e cheo de talento. Posiblemente para o próximo ano Héctor xogue no noso equipo despois de chegar a un acordo de suministro de 1906 para toda a vida. Héctor levou o partido 63 61
O noso presidente, exmotivador, e neogeek Xaime Rodríguez Rodríguez entrou en pista co seu andar calmo tan particular. No medio do peloteo vimos que a súa dereita iba a ter moi bo día e, porque non decilo, tamén vimos que ese pantalociño verde sentáballe moito bien. Non era tarea doada dobregar a Iván González, xogador experto en partidos a cara de can. Cun xogo moi directo e con Xaime xogando a gran nivel, este levou o partido por 62 61 en algo máis de 2 horas.
O último en sair a pista foi Carreira Montes, xogador afincado en Lugo que pasa mais tempo no concello de Outeiro que na súa casa. Diante tiña a Gonzalo Casal, un xogador cun talento inaudito e intelixencia en pista fora de calquera dúbida. Carreira, xogando un dos mellores partidos que se recordan na súa vagaxe tenística, demostrou que as clases de Xurxo , a garra e as horas destinadas á mellora do seu tenis non pasan desapercibidas e en algo máis de dúas horas e media, gañaba a Gonzalo Casal por un tanteo de 63 26 6-10 para Carre.
Nos dobres saltaban como «dobres 1» a parella Valentín e Saúl contra os grandísimos xogadores locais Gonzalo Casal e Jorge Mato. Despois dun partido divertido e con multitude de ocasións de levarnos bolas de ouro, os xogadores locais gañaron 62 63.
No dobres 2 saltaban os veterans do equipo (un máis que outro), Carreira e Xaime. A parella local conformada por Iván e Héctor loitou de lo lindo pero non foron capaces de dobregar ós veteráns lucenses que finalmente sairon victoriosos 64 60
Despois dos partidos asaltamos a cafetería, sentámonos e cual nenos pequenos, pedimos de comer, Entre risas, anecdotas, e moito jogorio pasamos unhos bos momentos. Impresionante!!
Pero o mellor estaba por chegar.
Decidimos ir á praia de Gandarío para recordar vellos tempos e relaxarnos un pouco. Alí estivemos preto de 4 horas batallando sobre a sorte que temos de facer o que máis amamos.
Na viaxe de volta risas, moitas, pero tamén moito desfalecemento físico.
Gracias a Gonzalo por ser tan riquiño e ós seus rapaces por esta agradabilísima xornada repleta de sensacións e boas emocións. Pronto nos voltamos a ver!
¡¡Un bico!!
Aupa CT A Pedralba!!! Aupa Cidade de Lugo!!!!
RESULTADO FINAL:
Clube de Tenis A Pedralba 2 – 4 Clube de Tenis Cidade de Lugo