Clube de Tenis CDL vs Clube Tenis Redes. Interclubes 2022

clube tenis cdl e clube tenis redes

👉 Novo enfrontamento entre dous clubes amigos que levaban xa varios anos sen competir nesta competición de Interclubes

Reunímonos a primeira hora deste Domingo 27 nas pistas de Frigsa en Lugo. Alí boreamos un pedazo mentres agardábamos polos nosos amigos do CT Redes. 🥇

Valentín pasou varios anos no Tibet aprendendo as técnicas Gurka do Himalaya entre os anos 2009-11. Todos nos moi atentos a Valentín, explicábanos como aplicaba os coñecementos aprendidos no Tibet os días de competición ca novidosa técnica do 3 en 1 (3 derrapes, 1 hora). Mentres tomábamos notas atentamente varios integrantes do equipo, comenzaban os partidos. 

  • Pola parte do CDL xogaban: Xaime (4), Valentín (3), Carreira (2) e Saúl (1). 
  • Pola parte do CT Redes: Mario (4), Serxio (3), Manuel (2) e Humberto (1). 

🎾 Comenzaban a xogar Xaime Rodríguez e Mario nun partido que, a priori, parecía favorable o honorífico presidente do CDL. Logo de varios peloteos iniciais entre ambos no primeiro xogo intuíamos que Mario podía poñer en apretos ó noso xove xogador lucense pero Xaime é moito Xaime; non só parece un xogador veterano ó miralo de espaldas cando lle ves esas pernas peludas, tamén é veterano polo seu xogo sen risco e sen fisuras. Despois dun partido bonito, este decantouse para Xaime por un resultado de 6-1 6-1. Mentar a Mario que, cos seus 15 anos, ten un futuro extraordinario con ese xogo tan bonito e completo en cada un dos seus golpes. Parabens rapaces!  🙌

Xaime no dobres

🎾 Na pista do lado saltaban o noso tigre, a persoaxe máis célebre da zona do Castelo, Valentín Arias Bruzos. Medíase a Serxio no que, a priori, ía ser un partido moi igualado ó vermos o peloteo inicial. E así vos foi. Valentín tennos acostumados a elevar o seu nivel nas grandes citas, sempre é un xogador que saca excelentes resultados e confiábamos que podía pasar tamén neste partido contra un grandísimo xogador. Despois dun primeiro set igualadísimo, Valentín levou o gato á auga cun 7-6 que deixaba entrever a dificultade do partido. No segundo set, Serxio reduxo o seu índice de fallo e dificultou enormemente o xogo do noso xogador caendo o segundo set a favor de Serxio por un 7-6 moi igualado. No super tie break do terceiro houbo oportunidades para ambos pero finalmente logrou a victoria o xogador visitante por 10-7. Resultado final 6-7 7-6 10-7 para Serxio. Parabens a ambos xogadores, gran partido de ambos e podía caer para calquera lado. A competición sempre é compricada. Gracias polo espectáculo rapaces!!! 🏆

🎾 Ó mesmo tempo e nunha das pistas do lado comezaba o seu partido un home querido e admirado por todos nos, o único home que non perde un set en Frigsa desde que Fermín Cacho gañou a medalla en Barcelona 92, Xose Anxo Carreira Montes!! Carreira saltaba á pista con un amigo de todos nos, Manuel Baz. Comezaron o partido e vimos a un Manuel sorprendente, dominando a Carreira desde o principio, moi metido en pista mentres Carreira tan so podía defenderse. Manuel púxose con 3-0 a favor en 10 minutos de partido e a partir dese momento, Carreira logrou alterar e mellorar parte do seu xogo levándose o primeiro set por 7-6 nun apretadísimo primeiro parcial. ¿Recordas o mítico Citroen C15 19 Diesel? pois Carreira é unha C15, sempre vai de menos a máis sen grandes espectativas, fiable e con gañas de traballar. Despois de moito fozar logrou solventar o partido infrinxindo cun claro 6-2 no segundo set. Resultado final 7-6 6-2 para Carreira. Enorme Viellu Carre e parabens tamén a Manuel que nos sorprendeu a todos moi positivamente!!!🎖

Xaime e Saúl no dobres

🎾No último partido de inviduais dábanse cita Humberto e Saúl Vérez. Partido compricado para o xogador pontés contra un gran xogador, cuns golpes potentes e un xogo rápido e impetuoso que pretendía rematar o punto canto antes. Nun dos peloteos iniciais Saúl xa se deu conta de que a victoria se pagaba cara e pediu a atención do presidente do clube. Había que traballar a victoria polo que solicitou ó presidente un buzo para non manchar a roupa e unha caixa de ferramentas para afrontar este duro traballo. Mentar a Humberto que, ademáis de ser un tipo extraordinario, tivo un grandísmo comportamento en todo momento, aplaudindo os mellores puntos entre ambos xogadores e disfrutando ó 100% do partido. Despois dun set compricado, con varias remontadas, caeu ó lado do xogador pontés por 7-5. No segundo set e xa algo cansos xogando baixo o sol, Humberto non estivo tan sólido pero mantivo puntos de gran calidade durante este último set. Despois dun par de horas, Saúl gañou o partido 7-5 e 6-3. Parabéns rapaces!!

🎾Saltaban os dobles ás pistas. No dobres 2  Carreira Montes e Antón García no que intentaban sumar ese puntiño tan importante para o noso equipo. Diante tiñan a dous xogadores moi novos Mario e Serxio que partiron cas gañas de dobregar ó noso equipo. Carreira e Antón son como Mar e Monte, dous xogadores antagónicos, con cualidades diferentes e cunha destreza fora de toda dúbida. Ainda así, non foi suficiente para dobregar ós xogadores visitantes que finalmente gañaron o partido cun claro 6-1 6-4. Metar a Mario novamente, extraordinario partido e clara progresión de este rapaz que, como siga xogando así, é probable que algún dos nosos axentes do CDL se dean cita nas instalacións do CT Redes para facer o pago da cláusula de rescisión do chaval. Estamos dispostos a pagar en bocatas de Nocilla (da de marca eh). 

🎾No dobres 1 saltaban á pista Xaime e Saúl contra un dobres sólido como é o conformado por Humberto e Manuel. Iniciamos o partido moi igualado pero que pouco a pouco a frescura local decantou a balanza a favor do CDL por un claro 6-1 6-2. Excelente partido baixo o sol nun precioso ambiente de tenis. 

clube tenis cdl e clube tenis redes de risas

👌 Mentar tamén a presenza nas gradas de máis de 300 persoas que animaron sen parar ós xogadores locais. Gracias a esta gran entrada parte da recaudación irá destinada a fines sociais, concretamente á ONG Afectados pola Competición sen Fronteiras cuxa causa vai destiñada a colectivos que levan máis de 3 partidos seguidos perdidos na competición de Interclubes e aqueles atletas que por mor dos nervios, non dan controlado o esfinter e pasan gran parte da mañá no baño sufrindo este calvario. A todxs elxs, gracias polo traballo. 

😘 Dar tamén as gracias á presencia de Sabela, de Nabia e da nosa querida Iria Chousa que, xunto a Socio -mascota da equipa-, se deron cita nas gradas da Central Court of Frigsa. Elas son o noso timón, as que nos apoian para seguir intentando ser mellores cada día e as que, por que non decilo, nos aturan un pouquiño ca sua paciencia e saber facer. Gracias por vir rapazas. Amámosvos moito! Dar tamén as gracias a Oscar de Cerna, a nosa nova adquisición neste fermoso grupo. Mandámosche un bico grande tamén a ti! ❤

clube tenis cdl e clube tenis redes

😎Coma sempre nos pasa en Interclubes (e no resto de competicións tamén) o CDL adoita a prender nas silvas. Rematamos a competición pero quedaba a competición de darlle ó lisco. En representación do CDL fomos Iria Chousa, Xefa de Comunicación e Prensa do CDL e Saúl Vérez, actual número 1 da equipa e Xefe de mantemento do Clube de Tenis de Bonxe. Fomos sobre seguro a xantar ó Restaurante Fonte do Rei de Lugo cos nosos amigos do CT Redes e alí si que houbo unha competición a cara de can. A min tocoume Manuel enfronte, así que me tocou competir polo plato de churrasco contra un titán e, logo de 3 osos ben chupadiños a favor do xogador local, Manuel con gran técnica chegou ós 6 nun intre. 6-3 para Manuel. Iria e Saúl non foron rivais para estos depredadores do churrasco, gran técnica por parte de todos os integrantes, incluso por parte de Mario que sen subir ó plato de ensalada, rematou moi ben os 6 osos de churrasco con patacas. Parabens!

Coma sempre, moitas risas, moviolas dos partidos, e algunha que outra tontada por mor da felicidade que non embriaga nestes momentos tan sinalados de Interclubles.

Agardamos coma sempre poder pasar grandes momentos con xente como os nosos amigos do CT Redes. Como non pode ser de outra maneira esta é a auténtica felicidade.

🏆🏆 Aupa CT Redes!!!! Aupa Cidade de Lugo!!!! 🏆🏆

RESULTADO FINAL:

Clube de Tenis Cidade de Lugo 4 – 2 Clube de Tenis Redes 🙂

About Post Author

¿Queres compartilo?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *