Clube de Tenis Muimenta vs Clube de Tenis CDL. Interclubes 2023

Saúl con todo o séquito de rapaces de Muimenta

👉 Os medios de comunicación non pararon de comentar durante esta última semana o enfrontamento entre Muimenta e o Clube de Tenis CDL. Notas de prensa, entrevistas de afamados medios como Punto de break escudriñaban os posibles emparellamentos para esta cita que se daba nas pistas de Muimenta. 

Irmos xogar a Muimenta ten certa similitude con visitar ós espartanos. Son poucos, boa xente e amable pero quen vai alí a tocarlles ó deles, sae trasquilado. E así foi. 

Comezabamos ás 10:00am do Sábado 21 de Xaneiro, nunha mañá que nos recibeu chuviosa. O equipo rival agardábanos nas pistas centrais do clube de Muimenta. Comentabanos o presidente do clube que proximamente terán rematadas as obras que lles exixe a ITF nas que porán teito a dúas das súas pistas dando cabida a casi 5000 persoas nas súas gradas. Mentres tanto, as equipas tiveron que ir a xogar ós pabellóns anexos. 

  • Xogaban pola parte do CDL: Oscar Expósito (4), Carreira (3), Xaime (2) e Saúl (1)
  • Xogaban polo CT Muimenta: Iago (4), Javier (3), Tomás (2) e Miguel (1)

🎾 Comenzaban a xogar Xaime Rodríguez e Tomás no pabillón municipal de Muimenta. Sabemos que Xaime é todo un veterán en corpo de rapaz e volveu dar conta do seu gran estado de forma dobregando a un Tomás perigoso que lembramos dobregando en partidos durísimos a xente de moita talla. Xaime non se confiou e sacou un gran partido por un tanteo de 6-0 6-2 para Xaime  🙌

Xaime e Tomás despois do seu partido en muimenta

🎾 Na pista cuberta do pabellón da Moexmu debutaba o veterán Oscar Expósito, un xogador que acaba de aterrar neste deporte e que xa obtivo moi bos resultados en competición. Medíase a Iago, xogador moi talentoso e que se presumía que ía a darlle canquiña ó noso xogador. Despois dunha grande batalla, o partído íase decantando lentamente para o xogador local. Algún fallo de máis de Oscar deu o empurrón definitivo a un marcador que nos parece demasiado contundente para Iago en vista do xogo. Resultado final 6-2 7-5 para Iago. Parabens a ambos xogadores e darlle a noraboa a Oscar por darnos tantos motivos para seguir adestrando e mellorando. Eres titánico! Gracias polo espectáculo rapaces!!! 🏆

🎾 Con 1-1 no marcador saltou Carreira ó pabillón Manuel Fraga e Cacharro Pardo de Muimenta. Ainda que se venderon as 1500 entradas, o tempo dificultou que a xente se dera cita no gradería desta chuviosa mañá. Moito respeto de inicio entre ambos contrincantes. Foi unha sorpresa ver a un xogador local competitivo, agresivo e con moita intención en cada un dos seus golpes. Carreira, alindaba como podía pero a agresividade de Javier deu como resultado un partido moi igualado pero que finalmente se decantou para Javier. Resultado final 7-6 5-7 7-6 para Javier. Moi bo partido de ambos!!!🎖

javier e carreira despois do seu partido en muimenta

🎾No último partido de inviduais dábanse cita o temido xogador local Miguel Morán e Saúl Vérez. Partido compricado contra un xogador moi sólido e talentoso que baseaba o seu xogo na agresividade dos seus golpes que dificultaban o xogo do pontés afincado na terra do nabo. Logo de case unha hora de partido parecía que o xogador do CDL parecía que tiña o partido no bolsillo pero cun arranque de fé e saber facer, Javier foi dando o mellor que tiña e, pouco a pouco, foi entrando no partido ata gañalo nun supertie break dominado de principio a fin polo xogador local. Miguel gañou a Saúl 2-6 7-6 7-6. Parabéns Miguél, un auténtico pracer xogar con un tipo tan xenial!!

Miguel e Saúl despois do seu partido en muimenta

🎾Saltaban os dobles ás pistas. No dobres 2  Carreira Montes e Oscar Expósito no que intentaban sumar ese puntiño tan importante para o noso equipo. Diante tiñan ós seus rivais de individuais, Javier e Iago que saltaron a pista con gañas de dobregar ó noso equipo. Os nosos xogadores vaciaronse pero non deron atopado a fisura no xogo dos xogadores locais e non lograron dobregar a esta parella tan forte. Finalmente sucumbiron ca parella local por 6-0 6-2

🎾No dobres 1 saltaban á pista Xaime e Saúl contra un dobres sólido como é o conformado por Miguel e Tomás. A parella lucense comenzou o partido sen fallo, sen ansiedade e tendo claro o que había que facer. A parella local sempre te mantén atento xa que son unha mezcla de talento e tesón. Logo de preparar o dobres este pasado verán na escola dos Brian, os xogadores do CDL gañaron por 6-3 6-3

👌 Daban as 18:00 da tardiña, pillamos unhos macarróns para Carreira no Albariño e decidimos coller o Volvo 2.5 keroxeno con dirección Lugo intentando sacarlle a carbonilla que Carreira lle provoca ó pobre cochiño. 

Agradecer encarecidamente a todos os integrantes do Clube de Tenis Muimenta o seu cariño e a súa disposición de facer destos momentos algo prácticamente inesquecibles. Vémonos pronto!

Un bico enorme para aqueles que non puideron vir. Valentín, Miguel Búa… a aquelas que nos aturan e nos axudan a ser mellores e a disfrutar da nosa paixón e, en definitiva, a todxs os que fan que este mundo tan inxusto sexa mellor con estas pequenas accións.

¡GRACIAS! 

🏆🏆 Aupa CT Muimenta!!! Aupa Cidade de Lugo!!!! 🏆🏆

RESULTADO FINAL:

Clube de Tenis Muimenta 4 – 2 Clube de Tenis Cidade de Lugo 🙂

About Post Author

¿Queres compartilo?
>