Clube de Tenis Redes vs Clube de Tenis Cidade de Lugo. Interclubes 2023



Novamente, o CDL dábase cita en Redes para competir contra o equipo local entre gran expectación da población que se daba cita diante do clube de tenis de Redes con pancartas e gran entusiasmo ó grito de «Carreira master class» e «Valentín eres nuestro tigre». O Excmo. Concello de Ares destinou todos os medios posibles para acompañar á comitiva lucense ata ó clube e entre aplausos e gran número de periodistas acreditados.
O Cidade, que sempre que visita Redes leva 4 barras de pan por se hai xornadas dos callos, pisaba chan local co ánimo de romper a racha que atesoura este ano 2023 o clube de tenis de Redes.
Antes de entrar a pista, e como xa é tradición, Valentín revisa as instalacións e pasa revista ó saneamento do clube. Este ano acompañouno Oscar por se facía falta reforzos co fin de axudar a sacar recortes da situación arquitectonica dos baños de Galicia. Tesis que, máis pronto que tarde, presentarán ante o COAG e que, por suposto, asistirá o CDL.
- Xogaban polo CT Redes: Roberto (4), Alex (3), Iago (2) e Sergio (1).
- Xogaban pola parte do CT CDL: Valentin (4), Oscar (3), Carreira (2), e Saúl (1).
Cas baixas de Xaime (por lesión) e Miguel Búa (por temas persoais), Valentín, Oscar e Carreira saltaban a pista.
Valentín saltaba a pista contra Roberto Gabia, xogador local de gran talento que basa o seu xogo no tenis control. Despois dun set no que Roberto fixo gala do seu impecable xogo, no segundo set Valentín igualou o partido non sen esforzo para rematar no tie break que levou finalmente o xogador do CT Redes por 7-4. Marcador final 60-76 para Rober.
A atracción do tenis Galego neste 2023, Oscar Luis Expósito, saltaba a pista contra Alex Vázquez. Despois dun set moi igualado no que Oscar tivo algún momento no que parecía que se podía levar o primeiro set, Alex tirou de galones e puxo terra de por medio con grandes puntos traballados de fondo de pista. É innegable a bravura do noso xogador pero non foi suficiente e finalmente Alex levou o partido 64 61
O noso amigo, maestro, intelectual e comediante Xose Anxo Carreira Montes saltaba a pista central entre unha gran ovación das case 2000 persoas que abarrotaban o graderío local. Non era tarea doada dobregar ó miura local Iago Martinez, un xogador cun estilismo que nos recordaba a James Blake por momentos. Cun xogo moi directo e con Carreira glándido, levou o partido por 63 63 en algo máis de 2 horas.
O último en sair a pista foi Saúl Vérez, xogador pontés empadroado en Lugo desde que Orozco lle prometera ir nas listas como concelleiro de Festexos e pamplinas varias. Diante tiña a Sergio López, un xogador cunha explosividade inaudita e cunha eficacia fora de calquera dúbida. Saúl intentouno pero non foi suficiente logo de algo máis de hora e media de partido 60 63 para Sergio.
Nos dobres saltaban como «dobres 1» a parella Oscar e Saúl contra o grandísimo e querido xogador local Cesar Vilasanchez e o seu compinche Alex Vazquez. Despois dun partido divertido e con un bonito xogo de rede decantouse para a parella local por 62 62.
No dobres 2 saltaban os veterans do equipo, Carreira e Valentín que, ca equipación oficial do CDL desde lonxe parecian os irmáns Brian. A parella local conformada por Iago e Sergio loitou de lo lindo para dobregar ós veteráns lucenses que finalmente claudicaron 16 64 4-10
E, sen sabelo, o mellor do día estaba por chegar cando Cesar dixo de ir a xantar ó Mourón das Xemelgas. Fomos ata o pobo de Redes e alí está a taberna máis chula do lugar e co persoal máis enrollado e eficaz da metade norte da Galia. Se algún día pasas por Redes non esquenzas pasarte por aquí. Impresionante!!
Aló fomos a tomarlle un detalle con Cesar antes de atacarlle ó bistec entre risas e historias das que un saca en modo taberna. Coñecimos ás xemelgas (Maria e Ana) e tamén a Iria e Roberto. Cuidáronnos como se nos coñecéramos de toda a vida e alí gozamos da gastronomia pedindo rape, bacallau, croquetas e un longo etc de comida exquisita.
Con dous botóns desabrochados por cabeza despois da pedazo fartura, decidimos dar un paseo ata a praciña do porto. Alí coñecimos á muller máis perfecta de Redes, a señora Perfecta por todos coñecida. E despois de borear un pouco vimos ás nosas amigas xemelgas cos seus cans e tamén acompañadas do seu mozo con gañas de pasear. E aló fomos.
Presenciamos en directo los lugares máis representativos de Redes da man de estas grandísimas rapazas e fomos camiñando ó redor do pobo entre saudos, risas e moitas anécdotas. Tales foron as anécdotas que tirando dos fios démonos conta do parentesco que unen ás xemelgas con Saúl. Está visto que a vida é caprichosa ata para esto.
Logo de máis de duas horas xuntos despedímonos con gañas de voltar a vernos canto antes.
Na viaxe de volta risas e mais risas pero cansos, moi cansos.
Gracias a Cesar e ós seus rapaces por esta agradabilísima xornada repleta de sensacións e emocións de todo tipo. Pronto nos voltamos a ver!
¡¡Un bico!!
Aupa CT Redes!!! Aupa Cidade de Lugo!!!!
RESULTADO FINAL:
Clube de Tenis Redes 6 – 0 Clube de Tenis Cidade de Lugo