CT Casino Ferrolano de Tenis vs Clube de Tenis CDL. Interclubes 2022

amigos do clube casino ferrolano de tenis e o clube de tenis cdl Lugo

👉 Comenzamos a nosa nova andadura nos Interclubes 2022 e non se podía dar mellor día para visitar ó Clube de Tenis Casino Ferrolano en terras ferrolanas neste domingo día 16 de Xaneiro. 

Coma todos os anos o interclubes reune a grandes amantes do tenis que ano tras ano se dan cita nesta competición da Federación Galega de Tenis. Gañas de competir entre clubes amigos, ilusión por mellorar, dispor de momentos inesquecibles… todo esto e moito máis se da cita neste tipo de competición. 🥇

Arrancábamos todos os integrantes do CDL ás 8:00hrs desde as pistas de Frigsa agás o mellor protésico dental da provincia de Lugo e parte do extranxeiro, Valentín Arias. 

🚗 Dispoñíamos a sair cara Ferrol varios integrantes do clube: Iago García Diez, Antón García, Carreira e Saúl Vérez, causando baixa para esta eliminatoria o noso Presidente e xogador Xaime Rodríguez, unha das baixas máis sensibles do equipo xa que Xaime sempre aporta grandes momentos para o equipo como aquel ano que fixo un concurso de flatulencias no Volvo de Carreira, ou cando nos deu unha charla de como sacar herbas sen sufrir dos cadrís. Unha magoa. 

instalacións do casino ferrolano clube de tenis cdl lugo
Pista Suzanne Lenglen de Ferrol

Chegamos a territorio comanche e aló topámonos co gran Higinio Rivas, amigo, adestrador e xestor no Casino Ferrolano. Un gran tipo que coñecemos desde fai máis de 25 anos e co que mantemos un cariño moi profundo.

📋 Entre risas e saudos entre os integrantes de ambos clubes decidimos as alineacións. Pola nosa parte xogaríamos Saúl Vérez (1), Carreira Montes (2), Valentín Arias (3) e Iago García (4)

🎾 Comezaron a xogar Iago García vs Fran Pita nun partido que se intuía parello. Despois de arrancar un pouco frio, Iago comezou a remontar o partido punto a punto e logrou chegar ó súper tie break do terceiro set. Duro super tie break no que reinou a igualdade e que se decantou finalmente para o grandísimo xogador local Fran Pita por un resultado de 60 46 10-6. Destacar a madurez que está a adquirir Iago pouco a pouco nos seus partidos e que moi pronto darán moitas alegrías. 🙌

fran do casino ferrolano de tenis contra iago garcia do clube de tenis cdl lugo
Xogar xogan regular pero a guapos non lles gaña ninguén

🎾Na pista do lado comezaba o seu partido o noso timón, o noso estandarte, o home que máis partidos leva xogado na historia do clube fundado no ano 1890… Xose Anxo Carreira Montes!! Jorge Pujalte saía a pista ante un Carreira moi enteiro e adestrado. Un xogador que nunca perde, hai que gañalo. Saltou á pista o noso talismán co ánimo de levar o primeiro punto para o casilleiro do Clube de Tenis Cidade de Lugo e, cun xogo seguro, dominando a pista en todo momento, deu dobregado ó xogo preciosista e de ataque do xogador local por un resultado de 63 62. Grandísimo partido de Carreira, un xogador que nunca defrauda salvo cando hai que ir a tomar unhas cañas. 🎖

carreira despois de arrasar no seu partido clube de tenis cdl lugo
Carreira mostra a presa á que sodomizou no día de Interclubes.

🎾En paralelo dábanse cita na Central Court o tigre do Castelo, o xogador lucense e recentemente adoptado como personaxe ilustre da cidade da Coruña. Valentín Arias enfrontábase contra o mítico Justiniano Mate, un dos mellores xogadores galegos dos últimos 15 anos. Ainda que Justi non estaba no seu mellor momento de forma, adoptando unha imaxe parecída ó actor Robert Foxwoth da seria de Falcon Crest, sabemos que é un xogador excepcional e entendíamos que ese partido ía ser moi compricado para Valentín. O noso tigre saleu a tope como é de costume no Interclubes e tivo 3 bolas de set con 5-4 e saque de Justi que non deu aproveitado. Chegaron finalmente ó tie break e con dúas bolas increibles de Justi superaron a Valentín nun set igualadísimo. O partido continuou moi igualado pero Justi co seu talento natural, gañou esos puntos claves nun partido que se podía decantar para calquera dos dous xogadores. Finalmente o tigre sucumbeu ó talento. 76 63 para Robert, digoooooo, Justi. jejejje 

justi mate do casino ferrolano contra valentin do clube de tenis cdl lugo
Valentín marcando ciruelo con Justi de Falcon Crest

Tivemos unha sorpresa ó inicio do partido que enfrontaban a Felix Alonso vs Saúl Vérez. Veunos a visitar desde A Fonsagrada o preparador físico do CDL, o noso admirado e querido amigo Xurxo da Sala Rigus de Lugo. Graciñas polo detalle de ver a vernos desde tan lonxe e por traernos algo de beber que estabamos secos. Un gran tipo e que respetamos enormemente. Un bico Xurxo! 🤗

jorge sala rigus con carreira e saul do clube de tenis cdl lugo
Xurxo apoiando as súas mans nos nosos hombreiros. Carreira estivo 3 días na cama por lesión do hombreiro dereito e a Saúl xa o baixaron onte a planta

🎾Saltaban á pista dous xogadores que se coñecen de moitos anos. Os que vimos xogar a Felix sabemos que é un gran xogador cuxas virtudes son o seu tenis talentoso de moito toque e unha dereita que, con esa zurdita, fai moita pupa. Saltaban á pista Felix Alonso Maldonado e Saúl Vérez (Zveréz). Comenzaron o partido moi igualados ata o 3-3 no que Saúl tivo posibilidades de romper o seu servizo. Desde ese momento ata o final do partido Saúl foi a remolque e estivo a merced do xogador local cun tenis defensivo pouco habitual no xogador pontés. Felix fixo gala do seu mellor tenis dominando de dereita e sendo sólido de revés cun índice de fallo residual. Gran partido por parte de ambos xogadores despois de 2 horas de loita que finalmente se decantou a favor de Felix Alonso por un claro 63 62. Despois do partido Saúl retou a Felix a tomar unhas 1906 e Felix declinou a oferta. 1-0 para o xogador pontés en cañas. 

felix do casino ferrolano de tenis contra saul do clube de tenis cdl lugo
Felix e Saúl Vérez despois de facer a maratón do Casino de 42km

🎾Saltaban os dobles ás pistas. No dobres 2 saltaban Valentín Arias e Antón García intentando sumar para o noso equipo. Diante tiñan a dous xogadores moi novos Xoán Delgado e Fran Pita que intentaron dobregar sen sorte a un dos mellores dobles que dispón o Tenis CDL. Grandes golpes en momentos clave do partido decantaron este a favor do CDL 64 64. 

🎾No dobres 1 saltaban á pista Carreira e Saúl contra un dobres de luxo conformado por Felix e Justi. Iniciaron o partido moi igualado pero que pouco a pouco o talento local decantou a balanza a favor do Casino Ferrolano por un claro 62 60. 

👌 Despois de xogar botamos unhas risas entre todos e, entre risa e risa, entrounos a fame. Higinio, que ademáis de ser un dos mellores xestores e adestradores galegos de tenis, tamén é un gran comercial e convenceunos de comer unhas racións na espectacular cafetería do Casino Ferrolano. Aí démoslle duramente ós calamares, ós ovos con chourizo, ó raxo e tamén ás 1906 que, sin saber por qué, sabían a Dios ese día. 😉

carreira admira ós calamares clube de tenis cdl lugo
Se Triqui é o monstruo das galletas, Carreira é o terror dos calamares á romana.

😎Coma sempre en Interclubes o CDL adoita a prender nas silvas. É moi habitual non querer rematar a xornada nin ter presa para voltar a casa nestas viaxes que sempre quedan na memoria. Tal foi o caso que, co bandullo cheo a reventar, demos botado unha pachanga a futbol sala con rapaces do clube. Comezamos algo frios pero, con Carreira de palomero, demos volta ó resultado levando un claro 10-3 para Lugo

amigos do clube casino ferrolano de tenis e o clube de tenis cdl Lugo
Amigos do clube de Tenis Casino Ferrolano e Clube de tenis Cidade de Lugo

Coma sempre, no coche risas, moviolas dos partidos, e algunha que outra soniquetada por mor do cansanzo.😪

Agardamos coma sempre viaxar xuntos a donde sexa. Esta, sen dúbida, é a auténtica felicidade.

🏆🏆 Aupa Casino Ferrolano!!!! Aupa Cidade de Lugo!!!! 🏆🏆

RESULTADO FINAL:

Clube Casino Ferrolano 4 – 2 Clube de Tenis CDL 🙂

¿Queres compartilo?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.