Cuarta xornada Interclubes 2021. D10 vs Clube de Tenis CDL

cd d10 e clube de tenis cdl

Precioso día de marzal que invitaba á práctica de tenis. Esta vez xogábamos no clube de Outeiro contra o CD Centro Deportivo D10 este Domingo 28 ás 1600hrs. 

Antes de coller os coches para visitar ás instalacións de D1o quedamos nas pistas de Frigsa para quencer e “notarnos". Para este duelo reunimos a un equipo de gala conformado polo presidente do clube Xaime Rodríguez, Xose Rodríguez “British", Iago García, David Rio, Saúl Vérez e ó estandarte do equipo, Xose Anxo Carreira Montes.  No quencemento Xose Rodríguez, xogador importantísimo para o equipo notou unha dor no seu hombreiro dereito que lle impediu competir finalmente con nos. 

dia de tenis co presidente do cdl

Unha vez en D10 e, dada a baixa de Xose Rodríguez, conformamos a alineación para os partidos individuais:

  • Número 1 – Xose Anxo Carreira Montes.
  • Número 2 – Saúl Vérez Fernández. 
  • Número 3 – Xaime Rodriguez Rodríguez. 
  • Número 4 – Iago García Díez. 

Iago García e Xaime Rodríguez saltaron ós seus partidos contra dous grandes xogadores, Daniel Fernandez Reija e Jesús Ángel Tranche Carbajo. 

Iago entrou ó partido moi sólido como de costume. Dani é un xogador perigoso, alterna momentos de xogo excelentes e había que estar atento todo o partido intentando que non entrara a súa mellor versión. Sen dúbida, Iago soupo xogar de maneira excelente, adoptando un tenis de contención con destellos de tenis de calidade que finalmente foi mermando ó seu rival cun marcador favorable a Iago García por un rotundo 63 62. ¡Parabens Iago!

iago garcia diez vs dani

Xaime Rodríguez tiña un gran escollo no seu camiño hacia a victoria. Topouse con Tranche nun partido que se antollaba moi dificil por mor da experiencia do seu rival en competición. Así foi, iniciouse o partido con unha igualdade manifesta para os ollos do espectador. Golpes preciosistas por ambas partes, peloteos interminables, tenis control a maior parte do tempo, sen fallo pero incluindo golpes definitivos que daban un moi bo entretemento. Xaime, presidente do clube, asesor de xoves talentos, xefe de mantemento en Bonxe, controlou o partido de principio a fin a un Tranche que nos deixou un moi bo sabor de boca, tanto na parte tenística e de competición como pola grandísima educación e deportividade que tivo todo o partido. Da gusto ver a xente de tanta categoría en pista. Finalmente o partido entre Xaime e Tranche resolveuse a favor do primeiro por un claro 62 63. ¡Parabens presi! 

xaime rodriguez en d10

Unha vez remataron estos dous partidos, saltaban á pista Saúl Vérez e Carreira. Os nosos xogadores enfrontábanse contra a nextgen do tenis lucense, Antón García Rodríguez e Darío Vila respectivamente. 

Saltou á pista Saúl espectante ante o xogo intenso e potente do seu rival. Comenzaron o partido tanteándose de inicio percibindose moito respeto por ambas partes. Saúl xa sabía que iba a ser un partido compricado contra Antón. O xogo do seu rival é un xogo que se caracteriza por dominar con dous golpes facendo uso do seu drive principalmente. Despois de moito sufremento, Saúl xogou un tenis solido, alternando bolas con peso con outras cortadas que foron debilitando ó seu rival e que finalmente foi definindo o partido favorablemente para Saúl por un resultado de 63 63. 

saul verez en d10

Era a hora do noso number guan, de Xose Anxo, o arquitecto do futuro reconvertido en xogador de élite, subdirector do mantemento de Bonxe e probador oficial do Activa para Citroen. Entrou en pista contra Dario Vila, un grandísimo xogador con un enorme talento. Darío iniciou o partido frio e cometeu varios erros que o perxudicaron notablemente e, contra un xogador como Carreira, o erro penalízase o doble. No segundo set, Darío entrou máis no partido e vimos a un Carreira máis fino, con fases de xogo preciosista, divertido en pista e intenso. O talento de Darío impúxose neste set e decidiron o partido no Super Tie Break. A experiencia e bo xogo de Carreira sempre o fai ser un xogador temible nestas circustancias e así foi levándose o super tie break e, por ende, a victoria contra Darío por un tanteo de 61 26 10-7. ¡Bravo viellu!

xose anxo carreira montes xogando en d10

As parellas de dobres foron as seguintes:

  • Parella 1 – Xose Anxo Carreira e Saúl Vérez 
  • Parella 2 – David Rio e Iago García. 

Saltaron as dúas parellas ás pistas. David e Iago enfrontáronse contra Antón e Daniel nun partido disputadísimo que se resolveu no super tie break a favor dos nosos xogadores por un resultado de 61 26 10-7

iago garcia y david rio en d10

Por outra banda, saltaron Carreira e Saúl á pista contra Darío Vila e a gran esperanza vilalbesa Hugo Teijeiro Cabarcos. Partido prácido para os xogadores veteranos que dobregadon ó talento da terra cha e lucense por un resultado de 61 62. 

carreira montes e saul verez en d10

Cada día que pasa é un orgullo pertencer a este pequeno clube que se sostén con dificultades ano tras ano e que compite co corazón en cada unha das probas que nos somete a competición. 

Tamén dar as gracias ós que no puideron xogar por lesión como é o caso de Xose Rodríguez que fixo un enorme esforzo para estar hoxe con nos facendo moitos kilometros para finalmente non poder xogar. ¡Esta victoria vai por ti amigo!

E tamén dar as gracias a integrantes do equipo como é o caso de Valentin Arias “o tigre do Castelo" que non puideron asistir por temas persoais e que botamos tanto de menos no equipo. ¡Un bico Valen!

Para concluir, gustaríanos dar as gracias a todos os xogadores, tanto do equipo rival como do noso por facer destes momentos algo que merece a pena, apelando a valores como a educación o respeto e a alegría de facer algo que nos apaixoa a cada un de nos. 

cd d10 e clube de tenis cdl

Seguimos e seguiremos loitando nesta bonita competición con ánimo de facelo sempre o mellor posible. Gracias a todos equipo, orgullo máximo. 

¡AUPA CDL! 🙂

RESULTADO FINAL:

Clube Deportivo D10 0 – 7 Clube de Tenis CDL

¿Queres compartilo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *