viaxe a iran 2022

Se estás pensando en visitar un país que te asombre e que che faga sentir que o mundo é realmente marabilloso, quizás Irán sexa ese lugar.

Todavía non podo creer que estivera neste país cheo de historia e xente increiblemente amable. Os prexuicios con respecto a este pais e a súa sociedade son duros pero distan da realidade Iraní.

Excelente caracter, quizás o país máis hospitalario e cariñoso no que estiven, sociedade moderna e, paradóxicamente, as mulleres son obrigadas a levar Hiyab. É incrible como a maioría visten de cores, tapan o mínimo exixido, maquíllanse e póñense guapas ata poder ver que moitas delas se operan do nariz, son elegantes e amables. Da mágoa ver o papel que representan neste tipo de sociedade, ainda que estas accións non deixan de ser unha revolución en si mesma.✊🙂

Historia viva, monumentos e arquitectura impresionantes. Cuidan da súa historia e enorgullécense dela. Nada máis pousar un pé en Irán un pode intuir a grandeza histórica de todo o que se vai a atopar vaia a donde vaia. Bazares impresionantes, mezquitas que son xoias arquitectónicas, Persépolis, … Estando alí un pode comprender a magnitude da civilización Persa. 🗿

Concienciados co medio ambiente e pouca suciedade sobretodo nas cidades. Paradóxicamente, moito tráfico, contaminación e ruido nas zonas urbanas e imellorables infraestructuras. 🌄

País enorme, frustrante por momentos. Non hai maneira de velo todo nunha viaxe. Respetuosos e curiosos. A maior parte da sociedade non ten contacto directo ca relixión e as mezquitas soen estar baleiras. 🕌

🙄Descontentos e defraudados co goberno. Demandan dereitos para as mulleres e máis peso económico que respalden iniciativas empresariais, de cobertura social (dependecia, sanidade, etc), turismo…

¿O que menos me gustou de Irán? Creo que non é unha viaxe de ocio para un occidental ó uso e, por iso, hai que prepararse para disfrutar do calor, das distancias entre lugares, etc e non hai cervexas e ningún tipo de alcohol.😥

Polo resto. Marabilla.

Sen dúbida, Irán está entre os 3 paises que máis me gustaron así que se tes dúbidas ou queres ir pero necesitas máis información podes escribirme a través do formulario desta páxina.

Unha aperta e feliz viaxe.

¿Queres compartilo?

1 thought on “Viaxe a Irán 2022

  1. Se queres saber máis sobre este post, escríbenos a través do formulario de contacto.

    Moitas gracias! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *