I Liga Federada de Vilalba 2021

I Liga Federada de Tenis de Vilalba

Estes anos atípicos desde a chegada do Covid-19 estimulan a clubes como é o caso do CT Vilalbés a fomentar actividades que atraian xogadorxs de toda a provincia de Lugo e Galicia a este tipo de I Liga de Tenis Federada de Vilalba grazas á colaboración do Concello de Vilalba

Esta liga parte da idea de Paulino Fernández Seoane de intentar crear un evento en forma de liga federada que fomente a práctica do tenis federado. Aquí podedes ver a normativa

Como era de agardar, integrantes do CDL non souperon decir que non a este doce tan apetitoso e finalmente participan en representación do CDL Xose Anxo Carreira Montes e Saúl Vérez Fernández nesta I Liga de Tenis de Vilalba, xa que o noso presidente Xaime Rodríguez e Valentín Arias Bruzos non puideron participar por lesión e por amollll respectivamente. Decía o noso maestro e visionario Maylon DC, «el tenih y el amol no eh compatibleh». E non lle faltaba razón. 🙂

Esta liga está composta por 2 grupos de 8 xogadorxs cada grupo. En cada grupo atopamonos con xogadorxs da talla de Jairo Fernández, Mario Formoso, Julio Guntín, Amador, Ricardo… e moitxs máis que veñen de localidades como As Pontes de García Rodríguez, Lugo ou Moeche. 

Deixámosvos a clasificación a día 24 de maio de 2021 de cada un dos grupos. 

grupo 1 liga de vilalba de tenis

grupo 2 liga de vilalba de tenis

Desde o CDL queremos dar as grazas a xente como Paulino que, co seu traballo e adicación, apostan por dinamizar o deporte que máis amamos. 

PD: Se queredes saber máis sobre o Clube de Tenis Vilalbés, fai clic aquí



¿Queres compartilo?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *