IV Torneo de Tenis por equipos en As Pontes 2021

cartafol do torneo de tenis por equipos de As Pontes

🥇 Este próximo fin de semana do 30 e 31 de Outubro de 2021 darase cita a IV Torneo por Equipos de Tenis no pobo de As Pontes de García Rodríguez.

🚀Este torneo está dirixido, como non, por Paulino Fernandez Seoane, un gran impulsor do tenis na zona da terra cha e tamén de As Pontes e a través do Clube de Tenis As Pontes.

O torneo celebrarase nas pistas da Canle IV en As Pontes e nas pistas de tenis da Madalena de Vilalba e as categorías serán as categorías infantís (feminino, masculinas e mixto) e senior (masculinas) para todxs xs federadxs.

👉 Para a correcta celebración das probas requeriranse a presenza de 8 equipos como mínimo na categoría Senior e 8 nas infantís.

🏆A relación de premios para a categoría Senior serán as seguintes:

  • Equipo Campeón 450€ en material deportivo +trofeo
  • Equipo Subcampeón 350 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 3 clasificado 250 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 4 clasificado 150 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 5 clasificado 125 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 6 clasificado 75 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 7 clasificado 50 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 8 clasificado 50 en material deportivo + trofeo

A relación de premios para as categorías Infantís serán as seguintes:

  • Equipo 1 clasificado 150€ en material deportivo + trofeo
  • Equipo 2 clasifica do 125 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 3 clasificado 75 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 4 clasificado 50 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 5 clasificado 50 en material deportivo + trofeo
  • Equipo 6 clasificado 50 en material deportivo + trofeo

📣O sistema de xogo será o seguinte:

  • Round Robin
  • 2 individuais
  • Set cortos con punto de ouro.
  • Se este sistema non se pode homologar, faranse 4 grupos (en 2 grupos esta o xogador mellor clasificado no ranking do equipo, e nos outros 2 estará o peor clasificado do ranking do equipo) e establecerase un sistema interno de puntuación para determinar os equipos campións.
  • Formato de xogo Round Robin.
  • O xuiz árbitro poderá modificar o sistema de xogo.

Os partidos celebránse nas pistas municipais do pobo de As Pontes, na superficie de Tenis Quick.

✔ Os días e horarios de xogo serán os seguintes:

  • 30 de Outubro de 10horas a 21horas. (Dispoñibilidade total, non se cambian horarios dos partidos).
  • 21 de Outubro de 9horas a 15horas. (Exactamente igual que o dito anteriormente).

🚀 O prazo de inscripción será ata o próximo 27 de Outubro ás 2000hrs.

A data do sorteo será ese mesmo día ás 2030hrs no Pabillón Municipal de As Pontes.

Podes inscribirte na páxina de Ibertenis ou ben enviando un mail a Paulino a través da seguinte dirección: paulinotenis@gmail.com

📋 Deberedes dar os seguintes datos do voso equipo:

  • Nome do Equipo
  • Nome e Apelidos de cada un dos integrantes de cada equipo.
  • Número de licencia.
  • Clube ó que pertence.
  • Teléfono de contacto.
  • Correo electrónico.

Se queredes máis información, podedes descargas as Bases do Torneo AQUÍ.

Como non podía ser de outra maneira, seguro que iremos parte do plantel do Clube de Tenis CDL 🙂.

Fermosa iniciativa.❤

¡Moitas gracias Pauli!

¿Queres compartilo?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *