Primeira xornada Interclubes 2021. Clube de Tenis Fluvial de Lugo.

clube de tenis cidade de lugo e clube de tenis fluvial de lugo

Hoxe comezamos a nosa andaina no Campeonato Galego por Equipos Absoluto contra os nosos amigos do Clube Fluvial de Lugo.

Un día pasado por auga pero sen mermar a nosa capacidade de disfrutar desta primeira xornada do Interclubes en este ano 2021.

O Clube Fluvial de Lugo alineou a grandísimos e queridos amigos. Na cita acudiron baixo a capitanía de Omar, Mateo Valares Otero, Rubén Cansino, Mauro Otero, Manuel Varela, Martín Trabado e Juan Alfonso Valares.

Pola nosa parte, compartimos esta maña de tenis Jose Ángel Carreira, Valentín Arias, Saúl Vérez, Iago García Diez, José Rodríguez, David Río Cazón e Cristian López Dorado, capitaneados e presididos pola ilustre figura de Xaime Rodríguez.

Desde aquí queremos darlle as gracias ó noso presi, Xaime Rodríguez, por comandar a nave e tamén por ser o presidente máis novo de Galicia en obter un 95% de victorias cun equipo configurado integramente desde os depachos e plagado de puro talento.

Os primeiros partidos foron moi duros. O noso fiel xogador José Rodríguez saltou á pista baixo un diluvio para enfrentarse contra o bravo xogador Manuel Varela donde gañou, non sen esforzo, ó xogador do Fluvial por un claro 62 61. Un partido serio desde o fondo de pista, conservador pola climatoloxia, pero sen desmerecer ás boas artes do contrincante que xogou un excepcional partido.

Iago García tiña por diante un gran reto no seu partido contra o grandísimo Mauro Otero, xogador aguerrido, agresivo e moi dificil de derrotar. Iago perdeu o primeiro set pero logrou refacerse con valentía e boas artes batindo ó seu rival no segundo set. Chegaron ó super tie break e Iago conseguiu elevar o seu nivel para dobregar a Mauro por un resultado de 36 75 10-3. ¡Bravo Iago!

Rubén Cansino saltaba á palestra contra o noso xogador Saúl Vérez. Intuíase un partido igualado polas características de ambos xogadores que apostan por un xogo fluido desde fondo de pista. Despois de moita loita, o resultado foi favorable para o xogador do Clube de Tenis CDL por un resultado de 62 61.

Era a hora do noso estandarte. Carreira saltou á pista para enfrentarse quizás, ó maior talento do tenis lucense, Mateo Valarés. Este xovencísimo xogador destaca pola súa xuventude, talento e bon facer e a verdade que non defraudou. Un xogo impecable desde o fondo de pista, agresivo, técnico e con gran movilidade que fixo que Carreira tivera que dar o máximo para dobregar a este crack por un tanteador de 61 60.

Nos dobres Iago e David Río xogaron contra a parella do fluvial Rubén Cansino e Mauro Otero. Despois de un partido reñido, este deciciuse no super tie break por un tanteador final de 16 76(4) 13-15.

No outro dobres xogaron a parella do CDL Saúl Vérez e Valentín Arias que dobregaron á parella conformada por Juan Alfonso Valarés e Mateo Valarés por un resultado de 64 64.

Resultado final:

Clube de Tenis CDL A 5 – 1 Clube de Tenis Fluvial B.

interclubes 2021 Clube de Tenis CDL e Clube Fluvial de Lugo
Amigos do Clube de Tenis Fluvial de Lugo e Clube de Tenis Cidade de Lugo.
¿Queres compartilo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *