Quinta xornada. Clube de Tenis CDL vs Escuela de Tenis Justo al Revés

Integrantes do CDL Cidade de Lugo de Tenis

Rematando xa este mes de Abril, tocounos xogar cos amigos da Escuela de Tenis Justo al Revés. Este clube dirixido polo noso colega e ben querido Rubén Justo aterrizaba en Lugo como segundo de grupo, ameazando o primeiro posto do Clube de Tenis CDL para a loita polo ascenso.

Os que coñecemos a Rubén Justo sabemos que imprime unha raza gañadora a cada un dos xogadores que integran os seus equipos polo que, inicialmente, víamos comprometido o noso primeiro posto da clasificación neste cara a cara entre ambos clubes.

Hoxe amencimos cun día treboento que case nos impide a desputa da competición. Ainda así, madrugamos con certas ansias como cada Domingo de competición, e ás 9:30 todos os integrantes do Clube de Tenis CDL estábamos quencendo nas pistas municipais de Frigsa dada a trascendencia deste enfrontamento.

Imagen de David Carre e Iago

Para este día, reunimos a toda a equipa conformado polo profesional do poker e modelo de roupa íntima Xose Rodríguez “British", o puntal lucense, David “Riote", o rookie do ano Iago García Diez, o tigre do Castelo Valentín Arias Bruzos, o integrador do ladrillo visto na arquitectura galega Xosé Anxo Carreira Montes, o Ilmo. Presidente do Clube de Tenis CDL Xaime Rodríguez (ó cuadrado) e o xogador pontés e “potensiadol de malca" Saúl Vérez Fernández. 

Despois de xuntarnos a analizar entre todos, e dada a importancia da competición, decidimos saír ca seguinte equipa:

  • Número 1 – Saúl Vérez Fernández
  • Número 2 – Valentín Arias Bruzos 
  • Número 3 – Jose Rodríguez 
  • Número 4 – David Rio Cazón

Imaxe de conversa entre integrantes do CDL

Baixo un ceo ameazador, saían á pista Xose Rodríguez e David Río Cazón con sendos partidos contra Luciano Piñón e Ricardo Montes respectivamente.

Xose Rodríguez saía coma nos ten acostumados, centrado, cas ideas cristalinas e con gañas de divertir á parroquia. Comezou o partido con alta intensidade desde o principio, facendo inútil calquerá esforzo de Luciano que claudicou por un tanteo favorable ó noso xogador de 60 60.

Carreira Montes da consellos a José Rodríguez

En paralelo xogaba o mítico, aínda que noviño, xogador lucense do CDL David Río Cazón que, cun xogo preciosista que rozou a excelencia por momentos, logrou dobregar ao duro xogador fenés. É moi probable que o partido de David fora a sensación do día xa que disputou un partido de veteranos con alma de teenager, e ese brio, ledicia e seguridade no xogo fixo que Ricardo non tivera nada que facer ante a súa destreza. 60 61 para Riote. Parabéns polo teu partido David.

Na segunda tanda saltaban á pista os xogadores locais Valentín Arias Bruzos e Saúl Vérez que se enfrontaban ante Julio García e Enrique Rico respectivamente, aparentemente dous xogadores de nivel.

Valentín Arias soe ter a costume de deleitarnos con partidos épicos en case todos en interclubes. Este día non ía ser distinto xa que comezou o partido cun ritmo no que Julio non tivo opción. No segundo set, Julio comezou a ser máis sólido e puxo en apretos a Valentin, ata tal punto que, co xogador local esgotado, tivo serias posibilidades de facerse co segundo set. O precioso da veteranía e dos anos de adestramento é que soemos ter distintos planes para cada ocasión e, nesta concretamente, soupo xogar intelixentísimamente e logrou dobregar a Julio antes de chegar ó super tie break do terceiro set facéndose co partido por 61 76.

Na pista do lado hoxe non xogaba Carreira, lider do equipo, que foi sustituido nesta xornada polo número 2 do equipo, Saúl Vérez. Para Saúl Vérez esta era unha proba de lume xa que se enfrontaba co gran xogador fenés Enrique Rico. Xa no peloteo de quencemento podíase prever unha dureza máxima no partido xa que empregaron unha pelota para os 10 minutos que durou o quencemento sen un solo fallo por ningunha das partes.

Segundo Saúl, citamos verbas textuais “este partido non foi un partido de tenis, foi un partido de xadréz cunha raqueta na man." E así foi, partido duro, co xogador visitante logrando golpes imposibles e movendo ó xogador local que logrou dobregar a Enrique despois de algo máis de duas horas gracias á súa paciencia e disciplina evitando os fallos e sendo agresivo na rede. Finalmente o partido caeu do lado de Saúl con un resultado de 62 63

Comenzaban os partidos de dobres entre unha gran treboada que nos obrigou a tomar un respiro e a comentar, entre risas, anécdotas do noso clube cos compañeiros de ferrolterra.

Saltamos á pista os dobres 1 e 2 e comenzamos os nosos partidos para completar a hazaña.

  • Dobre 1 – Xose Anxo Carreira Montes / Saúl Vérez Fernandez
  • Dobre 2 – David Rio Cazón / Iago García Díez

David e Iago solventaron á súa papeleta con gran xogo contra Julio e Ricardo, dous rapaces de gran nivel que puxeron en grandes dificultades ós nosos xogadores. Finalmente caeu do noso lado por un tanteo de 76 63.

Por outra banda, saltou á pista Carreira Montes xunto con Saúl Vérez que disputaron un partido serio e sen fallo e dominando a rede de principio a fin. Finalmente o resultado foi de 62 61 para os nosos xogadores.

escola de tenis justo al revés e clube de tenis cdl

Seguimos insistindo en que a competición non ten nada (ou case nada) que ver có resultado. A competición é compartir un día como o de hoxe con 5 rapaces que se ergueron esta mañá e colleron o coche para vir moi cedo a xogar un Domingo a Lugo cun pronóstico climatolóxico desfavorable, é botar unhas risas decindo esas parvadas que normalmente non acostumamos decir, é interesarnos por que estean o mellor posible e moitas outras cousas e, tamén, xogar os partidos e medirse ante xente tan especial.

É unha ledicia inmensa ver o que este clube tan humilde está a conseguir, logrando 5 victorias de 5 contra equipos do noso nivel con unha vagaxe de 29 partidos gañados e 3 perdidos.

Estamos a lograr entre todos crear un clube que dea gusto estar, donde non haxa oco para malos hábitos e donde predominen os valores por enriba de calquera outra cousa. Entre todos o estamos a conseguir.

Integrantes do CDL Cidade de Lugo de Tenis

Queríamos mandar tres saudos. Un deles a Luis Taboada, gran xogador e mellor persoa que asistiu ós partidos de hoxe ca súa filla e que nos deleitou co seu carisma e bo rollo. Por outra banda, queremos agasallar cun cariño a Rubén Justo que, aínda que hoxe non puido asistir, estamos seguros que lle encantaría pasarse a ver ós seus amigos de Frigsa. ¡Queda pendente ese evento entre clubes, Justo! E o terceiro saudo vai para o noso presidente, Xaime, que está lisiado desde fai un par de meses pero sempre nos acompaña, nos aconsella e nos da moitos mimos. Vai por ti presi.

E por último, dar gracias a todxs os integrantes do equipo de Escuela de Justo al Revés por sumar e aportar tanto, e facer que estos días sexan inolvidables.  Moitas gracias por todo.

E a vós, equipa, decirvos que nunca estiven tan orgulloso de pertencer a un equipo.

Deixámosvos un vídeo do noso crack do audiovisual e Ilmo. Presidente do Clube Xaime Rodríguez:

¡AUPA CDL! 🙂

RESULTADO FINAL:

Clube de Tenis CDL 7 – 0 Escuela de Tenis Justo al Revés

¿Queres compartilo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *