Rafael Nadal consegue ó seu 21 titulo de Grand Slam en Australia.



👉 Desde o Cidade de Lugo queremos brindar as maiores das felicitacións a Rafa Nadal pola consecución do seu 21 Grand Slam este pasado Domingo día 30. De seguro que será una das datas máis especiais para el mesmo pero tamén para todxs xs que seguimos a este auténtico campión. 👏
🚀 Falando entre os integrantes do noso clube días antes, non atopábamos motivos para valorar como boa a opción a victoria de Rafa Nadal contra Medvedev. Recordemos que o xogador ruso é o virtual número 1, o xogador que máis victorias leva neste último ano e medio e que atesoura cifras de escándalo contra rivais directos.
😪 Antollábase certo nerviosismo e certo pesimismo no seo do Clube CDL previo ó partido. Algún comentaba: «gaña fácil Nadal»; outros decían: «será un paseo para o ruso»… Cifras para avaliar:
- Rafa Nadal: lesionado os últimos 5 meses e apartado das pistas durante ese tempo, 3 semanas antes non sabía se participar no Australian Open, meses antes comentou á súa equipa a posibilidade de retirarse…
- Medvedev: xogador en claro ascenso tenístico, sempre puxo en apretos a Nadal, chegaba nunha forma impresionante, derrotou a xogadores top ata chegar á final…
🎖Logo de ter en conta todas estas situacións, desde logo, Nadal non o ía ter doado se o que quería era levarse o título pero, contra pronóstico e despois de 5 horas e 30 minutos, este homiño fíxose ca victoria ante un grandísimo xogador, sumando o título 21 en Grand Slam, a maior cifra conseguida por un home no tenis.
É bo lembrar a aquelas tenistas femininas que levan incluso máis Grand Slam que Rafael Nadal e que, en momentos tan exitosos coma este, merecen recordar. O caso de Margaret Court con 24 Grand Slam, Serena Williams con 23 ou a mesmísima Steffi Graf con 22 superan ó xogador Manacorí. 🥇
En momentos así énos inevitable recordar a Nadal como un máis no CT Cidade de Lugo. Sempre foi así, un máis no equipo, tímido, traballador e moi dicharachero e campechano. Na súa época na equipa tocoulle xogar de 4 en Interclubes por detrás de xente tan experimentada como Iagoming ou o mesmísimo Andrés Bermudez. O seu partido en Vilalba contra Luis foi o detonante dunha carreira copada de éxitos.
📣Desde o CDL queremos facerlle un guiño a Nadal, compartindo algunhas das imaxes que levaremos sempre no corazon e que sempre nos acompañan aló a donde imos.
Este momento recolle a nosa viaxe á Marosa. Aquí Nadal acompañaba ó presidente Xaime Rodriguez é a Xose Anxo Carreira Montes, becario en prácticas naqueles tempos. É increible como sacou aquel punto ante un gran Pelayo.
Esa eliminatoria estaba compricada. Xaime non podía xogar por lesión e Valentín viña de pasar un fin de semana loco con Loli. Ahí foi cando saleu a raza de Nadal e, cun berro no vestiario, levantou a man para arañar ese punto que ó final foi decisivo na consecución da eliminatoria por parte do CDL.
E, por suposto, sempre hai fotos con el que nos deixan entrever que non todo era tenis. Sempre había tempo para elexir un bo lugar para comer algo. El particularmente é fanático dos calamares á romana sen limón. Aquí pódese apreciar a cara de felicidade de Rafa cando o camareiro lle trouxo o plato de calamares.
Ainda que hai cousas lonxe do tenis que nos afastan de Nadal, e de recoñecer un éxito rotundo na súa disciplina e por iso, e tamén por todo o que leva vivido con nos no CT Cidade de Lugo, queríamos brindarlle o noso cariño en forma de artigo. ⭐
Enorme Nadaleitor. 🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆