Segunda xornada Interclubes 2021. Tenis Compostela

Tenis Compostela co equipo do Tenis Cidade de Lugo

Non se podía dar mellor día para visitar ó Tenis Compostela en terras Santiaguesas neste último día de Febreiro.

Falar de interclubes de tenis sempre é falar de ilusión, gañas de competir e de pasar bos momentos entre amigxs. O día de hoxe amenceu ben cedo, ás 8:15 da mañá xa estábamos todos os integrantes do clube CDL diante da piscina municipal de Frigsa para sair con tempo cara a Compostela.

Arrancamos para aló Carreira, Xaime, José Rodriguez, Iago e o seu pai Anxo Dopico, David Rio e a súa nai Carmen, Saúl, Iria e a mascota do equipo, Socio.

Unha vez nas instalacións de Fontes do Sar agardábanos o equipo rival. Decidimos que a alineación do Clube de Tenis CDL para este fin de semana sería: Carreira Montes (1), Saúl Vérez (2), Xaime Rodríguez (3) e Jose Rodriguez (4).

Comenzou o seu partido Jose Rodríguez contra Fran Fumega nas instalacións do pabillón municipal de deportes. Ese tipo de pista, a priori, non favorecía ó noso xogador pero con gran tino e paciencia deu doblegado ó xogador compostelán por un rotundo 62 60.

Este é o noso galo tapao. Grande Jose!

En paralelo xogaba o noso Presidente, Xaime Rodriguez. Aparcou a diplomacia da que sempre fai gala, doblou o traxe ben dobladiño, e saltou a pista co novo modelo de Happy Golfitos o que patrocina este ano. O partido contra Juan Luis Riveira parecía igualado no peloteo pero a solidez e a veteranía do noso xogador freou calquer atisbo de recuperación do rival. 60 62 para Xaime.

Presidente do CDL

Presidente e grandísimo xogador ademáis de amigo, da canquiña a sus rivales.

Saltaba á pista Saúl Vérez contra José Manuel García, xogador experimentado que puxo en máis dun apreto ó noso xogador. Cun xogo estable e sólido desde o fondo de pista deu termado das acometidas de José Manuel. Victoria de Saúl por un claro 60 61.

O xogador pontés non monea e está nun óptimo momento de forma.

Era hora de ver ó noso estandarte, la joya de la corona. Carreira saltaba á pista avisado de que diante ía ter un grandísimo rival pois enfrontábase ó gran Jorge Penabad, xogador pontés afincado en Compostela que é famoso pola sua loita, pundonor e amor por este deporte. Presumíase un partido igualado e así foi. Finalmente Carreira desplegou un recital de solidez doblegando ó xogador local por un marcador de 62 60.

A solidez do noso xogador fai que o rival ademáis de perder, teña pesadelos esa noite.

Era hora dos dobres. Saltaron á pista os nosos talentos Iago Dopico e David Rio que disputaron un gran partido contra os xogadores locales e que batiron con esforzo pero con certa solvencia por un resultado de 64 63.

Un dos mellores dobles do CDL desde que Anxo Dopico decidira colgar as botas.

Un dos mellores dobles do CDL desde que Anxo Dopico decidira colgar as botas.

No seguinte dobres, tanto o presi como a nova adquisición do mercado de inverno, José Rodriguez, disputaron un partido serio e traballado sobre todo no primeiro set. Finalmente decideu o talento e dobregaron ós xogadores locais por un tanteo de 64 60.

Desde aquí queremos dar as gracias a Iria Chousa, directora do departamento de marketing do Clube de Tenis CDL por estar pegada sempre á noticia. Tamén a Carmen por acompañarnos desde fai moitos anos ás nosas viaxes do equipo. E como non, dar as gracias a Anxo Dopico, famoso gastrónomo lucense que adica a súa vida a seguirnos aló onde xoguemos. Sen olvidar tamén a xogadores que non puideron asistir no día de hoxe e que son tan importantes para o CDL como son o caso de Valentín Arias Bruzos e Cristian López.

Por suposto, coma sempre nos queda algo máis de gas-oil, decidimos ir a ver a finca na beira da estrada que une Arzúa con Teixeiro e que ten o nome de un dos nosos irmáns tenísticos, Jesús Bouza. Desde aquí queremos darlle un bico e decirlle que, como é tradición nestes últimos anos, sacamos as raquetas para piloteah un pouco. Momentos de relax do CDL.

Adestrando para o próximo torneo de Halle.

Grazas a todxs por estar aí e facer destes momentos algo inolvidable.

¡AUPA CDL! 🙂

RESULTADO FINAL:

Clube de Tenis Compostela 0 – 6 Clube de Tenis CDL

Clube de tenis CDL e clube de tenis Compostela.

¿Queres compartilo?
>