Comunicado CDL Superliga

Logotipo do Clube de Tenis CDL

Comunicado Oficial Directiva do Clube de Tenis CDL, Luns 19 de Marzo.

O Clube de Tenis CDL , Cidade de Lugo, suscribe totalmente, letra a letra e punto a punto,o comunicado emitido pola LaLiga sobre a creación da Superliga Europea. Polo que rexeitamos participar, a pesares da insistencia de Florentino Pérez (agradecémoslle que non insista máis).

Ademais o noso presidente Xaime Rodríguez anuncia o inicio na próxima tempada, 2020/2021, da supermegahiperpowerliga de Frigsa. Esta contará coa participación das mellores equipas de tenis: Clube de Tenis CDL (membro fundador), Tenis As Termas, Clube de Tenis Vilalbes, Clube de Tenis Muimenta e Clube de Tenis A Marosa. Ademais terá cinco invitados cada edición que dicidiranse nos despachos de CMA coworking S.L. (despacho do fondo a dereita, preguntar por Saúl “o potensiador) ou apuntandose en ibertenis.es previo pago da inscripción.

O tesoureiro do CDL e “vice” da supermegahiperliga de Frigsa declarou ó noso corresponsal en Frigsa, Saúl Verez:
“o noso obxetivo é reinventar o tenis mundial tal como o fixeron os irmáns Mota nos anos 90 con saque do gato peluhh. Dende aquí tamén queremos decirlle ás diferentes organizacións tenísticas que estamos aquí para o que desexen”.

¿Queres compartilo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *