Clube de Tenis A Marosa vs Clube de Tenis CDL. Interclubes 2022



? Non se di nada do enfrontamento co Clube de Tenis A Marosa, clube que albergou unha das derrotas máis duras recordadas polo Clube de Tenis CDL fai un par de anos cando nos imposibilitaron o ascenso de categoría nun partído épico entre Jose María e Carreira. Non se recordaba un momento tan duro desde o Interclubes de 2014 en Muimenta, no que Antonio Mota «Maylon DC» abandonaba o seu partido para ir ó baño deixando tras de si unha zona impracticable para o deporte. Coméntase que as fresas se deron moi ben ese ano en Muimenta. Pero non nos desviemos do tema!
Decidimos sair a media mañá para Burela. Nos non somos un equipo deses que van, xogan e teñen presa por voltar para casa. Nos madrugamos con esa ilusión de neno para ir a xogar a donde sexa. Este Sábado 12 de Marzal xogábamos ás 1600hrs en Burela e saimos ás 1100am co fin de vernos, disfrutar da viaxe, ver novos lugares, batallar e rirnos de todo. ?
Saíamos cara Burela Iago «pelito» Diez, Xaime «capitán araña» Rodríguez, Xose Anxo «pancetas» Carreira e Saúl «potencio tu marca» Vérez. Esta vez non puideron vir David Río, Antonciño e o noso desatascador oficial, Valentín Arias, que sempre nos da ese puntiño que desatasca as eliminatorias.
Antes de chegar a Burela fomos a Foz a ver o palacete de 1000mts cadrados que mercou Xaime desde que xestiona directamente con tesourería a conta do clube CDL, demos unha voltiña polo pobo e decidimos ir a visitar tamén a igrexa de San Martiño. Que preciosidade de pobo macho! Viva a nosa terriña!
Xa en Burela e despois de xantar rico no restaurante da gasoliñeira do pobo puxemos as pegatinas do Clube de Tenis CDL no coche oficial e démonos cita nas instalacións da Marosa.
- Pola parte do CDL xogaban: Iago (4), Xaime (3), Carreira (2) e Saúl (1).
- Pola parte do CT A Marosa – Burela: Bili (4), Borja (3), Manuel Yáñez (2) e José María (1).
? Comenzaban a xogar Xaime Rodríguez e Borja nun día de vento no que amenazaba chuvia. Cunha veterania impropia dun papahostias de 21 anos, Xaime, o presidente máis novo que deu o deporte galego, solventou o seu partido cunha destreza inaudita máis propia de xogadores como Xacobe Nuñez «mago Coria». Resultado rotundo no que Xaime non deu opción ó xogador local. 6-0 6-2 para Xaime ?



? Na pista aledaña saían Iago Díez e Bili, xogador moi habilidoso e que se presumía que ía a darlle traballo ó noso excepcional xogador. Despois dunha grande batalla, tamén co vento, o partído íase decantando lentamente para o xogador local. Algún fallo de máis de Iago deu o empurrón definitivo a un marcador que nos parece demasiado contundente para Bili. Resultado final 6-3 6-2 para Bili. Parabens a ambos xogadores, gran partido de ambos nun partido máis parello do que dí o marcador. A competición sempre é compricada. Gracias polo espectáculo rapaces!!! ?
? Con 1-1 no marcador saltou Carreira á Central Court de A Marosa. Por mor do tempo non se logrou encher a grada pero acadáronse bos números neste día tan desapacible cun total de 1325 persoas no graderío animando ó xogador local, Manuel Yañez. Moito respeto de inicio entre ambos contrincantes. Foi unha sorpresa ver a un xogador local competitivo, agresivo e con moita intención en cada un dos seus golpes. Carreira, perru vellu neste tipo de partido sufreu moito no primeiro set e sempre estivo a merced de Yañez co seu xogo agresivo. Ainda así, Carreira levaría o primeiro set no tie-break. No segundo set seguiu o mesmo patrón de xogo por parte de ambos xogadores alcanzándose o 4-1 para o xogador local. Carreira, nese momento, pediu as chaves do coche a Xaime e foi polo buzo de Endesa das grandes citas, remangouno e saltou á pista novamente remontando ese marcador e asestando a un bó Yañez un parcial de 6-4. Resultado final 7-6 6-4 para Carreira. Enorme Viellu Carre e parabens tamén a Yañez que nos sorprendeu a todos!!!?
?No último partido de inviduais dábanse cita o temido xogador local José María, verdugo de Carreira en 2020, e Saúl Vérez. Partido compricado contra un xogador moi sólido e rápido que baseaba o seu xogo na colocación dos seus golpes que dificultaban a papeleta para o xogador pontés afincado na terra do nabo. Despois de casi hora e media de partido José María levou o primeiro set no tie-break. No segundo set Saúl saltou máis decidido e logrou darlle a volta e levou o segundo set 7-5, tamén, en hora e media. Logo de 3 horas de un partido empatado, a parroquia burelesa comezou a animar ó seu xogador. Saúl miraba atónito desde o seu banco como o sector máis radical do graderío (exintegrantes lo PP da Marosa) comezaban a silbar ó xogador do CDL. Con tanta presión máis a que José María exercía sobre Saúl, obrigaba a este a dar un salto de calidade para afrontar ese super tie-break decisivo. Xaime trouxo varios dodotis a Saúl que se fixo caquita ata en 3 ocasións e terminou claudicando por 10-5. José María gañou o partido 7-6 5-7 10-5. Parabéns José María, un auténtico pracer xogar con un tipo tan xenial e de increible caracter!!
?Saltaban os dobles ás pistas. No dobres 2 Carreira Montes e Xaime Rodríguez no que intentaban sumar ese puntiño tan importante para o noso equipo. Diante tiñan a dúas rochas, Arturo Pelayo e Borja que saltaron a pista con gañas de dobregar ó noso equipo. Carreira e Xaime compatibilizan o seu xogo facendo uso da máxia e tamén da veteranía pero non foi suficiente esta vez. Arturo e Borja cunha hipermotivación incrible, lograron vencer nun primeiro set parello e cheo de oportunidades para ambos equipos. No segundo set o presidente veuse abaixo ó recordar que deixara a empanada de liscos en Lugo e, despois de animalo entre todos, démoslle a sorpresa de que a súa nai trouxera unha de atún. Non foi suficiente co atún e cun Xaime trastocado pola empanada de liscos, sucumbeu ó bo facer da parella local por 7-5 6-1.
?No dobres 1 saltaban á pista Iago e Saúl contra un dobres sólido como é o conformado por Bili e José María. A parella lucense comenzou o partido sen fallo, sen ansiedade e tendo claro o que había que facer endosando un contundente 6-0 ós xogadores locais. Jose María e Bili comezaron a centrar os tiros e o seu patrón de xogo e lograron darlle a volta ó segundo set nun durísimo 6-4. Voltando ó nivel do primeiro set, Iago e Saúl dominaron o super tie-break endosando un claro 10-2 ós xogadores locais. Victoria do CDL por 6-0 4-6 10-2. Precioso ambiente de tenis.
? Daban as 11 da noite cando rematamos cun resultado global de 3-3 para ambos equipos. Liscamos coma foguetes para atopar un sitio para cear algo e non voltar a Lugo valeiros de mejunge. Como non podía ser de outra maneira, voltamos ó restaurante da gasoliñeira e cenamos como o que somos, auténticos ricachones. Ricachones en cachondeo, na loita, nas ganas de facer que a xente estea ben, no disfrute das pequenas cousas pero, tamén, por moitas outras razóns. Auténticos marajás!
? Despois de cear marchamos cara a Lugo entre o gran diluvio universal que nos despedía das terras burelesas para non olvidarnos do mal que o pasa o CDL cada vez que compite aquí contra estos auténticos guerreiros do tenis.
? E como non podía ser de outra maneira en Interclubes (e no resto de competicións tamén) o CDL adoita a prender nas silvas. Chegamos a Lugo ás 3:00 da madrugada entre risas, cansanzo nas caras pero risas, moitas risas e un chofer que fixo case 200km sen enchufar o Activia do Xantia.
Agradecer encarecidamente a todos os integrantes do Clube de Tenis A Marosa o seu cariño e a súa disposición de facer destos momentos algo prácticamente inesquecibles. Vémonos pronto!
Un bico enorme para aqueles que non puideron vir, a aquelas que nos aturan e nos axudan a ser mellores e a disfrutar da nosa paixón e, en definitiva, a todxs os que fan que este mundo tan inxusto sexa mellor con estas pequenas accións.
¡GRACIAS!
?? Aupa CT A Marosa!!!! Aupa Cidade de Lugo!!!! ??
RESULTADO FINAL:
Clube de Tenis A Marosa 3 – 3 Clube de Tenis Cidade de Lugo