Terceira xornada Interclubes 2021. Clube USC Compostela vs CDL



Unha das cousas que máis nos motivan son os interclubes. É a excusa perfecta para quedar cos compañeiros (que xa son amigos) e disfrutar xuntos desta marabillosa experiencia.
Supoño que para moita xente os interclubes simplemente significa ir a competir. Para nos, o interclubes comeza cando nos sona o despertador ás 7:30 dun Domingo. Cando un desperta eufórico, pon o chandal, colle o raqueteiro e sae da casa con cara de alegría para quedar cos colegas nun punto de encontro para coller o coche e facer kilometros entre risas, anécdotas e moito máis. E así foi no día de onte.



Saimos cara a Compostela o séquito composto polo Excmo. Presidente Xaime Rodríguez do CDL e os seus esbirros Carreira, Saúl e Iago. Contamos, coma case sempre, co mítico Anxo Dopico e que desde aquí, queremos enviarlle unha aperta enorme e decirlle que nos comprace moito a súa presencia. Gracias amigo.
Chegamos ás instalacións do Clube de tenis USC de Compostela segundo o previsto. As instalacións son unha pasada. Dúas pistas perfectamente coidadas nun entorno de flora e ambiente de paseo e disfrute.
Atopámonos cun equipo da USC plagado de xuventude.
Este foi o equipo de gala do CDL no día de onte:
- Xose Anxo Carreira Montes
- Saúl Vérez Fernández
- Iago García Díez
- Xaime Rodriguez Rodríguez
Comezou a competición saltando ás pistas os nosos xogadores Xaime Rodríguez, Iago García e Saúl Vérez.
Xaime Rodríguez enfrontábase ó perigoso xogador lucense alistado nas filas da USC Andrés Santiso, xogador impredecible, técnico e moi perigoso. Desde que Xaime sacara o doctorado tenísitico nas pistas do Clube de Tenis Vilalba no ano 2018 gañando a Luis nun disputadísimo partido, o equipo confía plenamente neste superhome eliminatoria tras eliminatoria. E así foi, Xaime xogou mermado en facultades por problemas nunha boneca que lle impediu despregar o seu xogo habitual pero supo adaptarse logrando unha victoria moi meritoria por un claro 63 61 en case hora e cuarto de partido logo de ir perdendo 3-0 no primeiro set. ¡Ben xogado presi!
Iago García enfrentábase con Victor Veiga, un xogador tamén impredecible, con boa dereita e un gran físico. O noso xogador comezou algo frío perdendo o primeiro set por un rotundo 61. Estamos acostumbrándonos a que Iago saque partidos imposibles e estabamos seguros que no segundo set a cousa cambiaría. Así foi, Iago repúxose, xogou con máis calma e despois de intensos peloteos logrou facerse co segundo set no tie break por un claro 7-4. Todo se decidía no super tie break do terceiro set no que o bon facer de Victor sumado a algún erro de Iago fixo que a balanza se decantara finalmente polo xogador do clube local por un tanteo de 61 67(4) 76(8) en casi 2 horas de partido. Parabéns Iago polo teu partido.
Era o turno de Saúl Vérez que se enfrontaba con Pablo López Carnero, xogador local nado en Palas de Rei. Xa no quencemento se podía preveer unha igualdade manifesta. Comezou o partido con grandes peloteos que finalmente caian do lado do xogador do Cidade de Lugo pero conforme o partido se foi estirando tamén se foi igualando. Despois de casi unha hora e con moi bo xogo por parte de Pablo, este logro o primeiro set no tie break por un claro 7-3. Saúl apelou ó caracter do noso clube, ese caracter guerreiro de non dar nunca por perdido un partido que se antolla compricado. Cambiou a raqueta e saltou á pista co ánimo de remontar. Despois dun segundo set máis estable e táctico logrou facerse co set por un claro 62. Este era un punto importante e, como tal, Saúl comezou o super tie break máis centrado, metendo bola con peso ó reves de Pablo que finalmente foi derrotado por un marcador de 67 62 76(7) en case duas horas e media de partido.
Unha vez rematados estos partidos saltaba á pista o noso lider, o lomo prateado do equipo, esa marabilla de persoa e ese excelente xogador que é Carreira. Enfrontábase a Alberto Lado Porto, a priori, un xogador perigoso. A todos os que nos gusta botar a siesta e cambiar o canal da televisión ó documental da 2 sabemos como ataca a viuda negra. Texe a tela con delicadeza, sen facer moito ruido e, algo aparentemente tan sinxelo e sutíl, convértese de cotío nunha arma infranqueable para as súas víctimas. Así funciona Carreira, paseniño vai mentendo bola, sempre con intención, sen fallo, con intelixencia e bo facer ata que, pouco a pouco, a presa vai caendo na trampa. Intenso partido no que o marcador manifesta unha clara superioridade do xogador da Campiña. 60 60 para Carreira «viuda negra».
Con 3-1 arriba era o turno dos dobres. Aí íbase a decidir a eliminatoria.
Saltábamos simultaneamente os dous dobres do CDL.
- Dobres 1: Carreira – Iago vs Alberto – Andrés.
- Dobres 2: Xaime – Saúl vs Victor – Pablo.
Xaime e Saúl demostraban boas artes no dobres. Esos adestramentos semanais e as indicacións de Radek Stepanek conxuntaron un moi bo equipo de dobres que dobregaron sen sobresaltos ó equipo local por un claro 61 61.
O partido de Carreira e Iago foi máis disputado. Comezaron algo fríos pero pouco a pouco foron conxuntándose de tal maneira que o que parecía un partído prácido para os xogadores locais tornouse compricado. Lástima nese super tie break. Finalmente decantouse o partido a favor dos xogadores locais por un igualadísimo tanteo de 64 36 76(7)
Unha vez termina a competición comeza a aventura de voltar a Lugo. O Xelocar tamén é integrante do CDL e decidimos limpalo e aspiralo antes de sair cara a terra do nabo.






Así foi, despois de xantar algo collimos o Xelocar e voltamos cara a Lugo entre risas, Julio Iglesias na radio, e facendo a moviola de cada un dos partidos. Pasando por Melide vimos unha cancha de baloncesto e non puidemos resistirnos a botar un 21. Victoria para Saúl que, gracias á súa precisión nos tiros libres, botou por terra toda ilusión do presi-superhuman e de baladoman por acadar a primeira victoria ó baloncesto nas terras de Melide.






Botamos de menos a falta de integrantes habituais como é o caso de Valentín (o tigre do Castelo), David Río (Opelka), Jose (cara de poker) e Cristian (manolenta). Esperámosvos para a seguinte eliminatoria. 🙂
Grazas a todxs por estar aí e facer destes momentos algo inolvidable.



¡AUPA CDL! 🙂
RESULTADO FINAL:
Clube de Tenis USC Compostela 2 – 4 Clube de Tenis CDL


