Torneo de Badminton Vila de Cedeira 2020



Do 9 ó 25 Setembro celebrarase na vila de Cedeira o Torneo de Badminton organizado polo Concello de Cedeira.
As inscripcións ó torneo estarán abertas desde o día 31 de Agosto ata o 8 de Setembro (ata as 1400hrs) e serán gratuitas.
Se queres anotarte deberás acudir ó Polideportivo Municipal de Cedeira ou ben chamando ó teléfono 981 482 633.
As categorías serán as seguintes:
- Benxamín: nadxs nos anos 2011/12
- Infantil: nadxs nos anos 2009/10
- Alevín: nadxs nos anos 2007/8
- Cadete: nadxs nos anos 2005/6
- Junior: nadxs nos anos 2003/4
- Absoluta: nadxs nos anos 2002 e anteriores
- Feminina
- Masculina
- Dobres (categoría única. As parellas poderán ser mixtas).
De cara á organización dos cadros, haberá un límite de participantes que se cubrirá por orde de inscrición.
Nota: os volantes empregados no torneo serán de plástico. Estará permitido o uso de volantes de plumas, sempre que sexan aportados polos participantes.