Torneo de Tenis de Cedeira 2021

amigos torneo de tenis de cedeira

🥇 Desde o pasado día 9 de Agosto ate o 22 de este mesmo mes, estase a celebrar outra edición do Torneo Open de Tenis de Cedeira neste verán de 2021.

Recordámosvos que na edición do torneo do ano pasado gañara o xogador pontés Mario Formoso. 

Coincidindo con anos anteriores e cas vacacións de moitos de nos hai un número alto de participantes en todas as categorías deste precioso torneo de tenis.

Como era de agardar, este ano tamén se deu cita no torneo Saúl Vérez, integrante do CT Cidade de Lugo e nado en As Pontes. Agardamos que este ano traia o trofeo a Lugo porque se non fose así, o clube adoptará medidas excepcionais para este tipo de situacións, cunhas sancións que van desde facer 10 tabatas seguidos ata os 6 latigazos coma todos os anos na praza Maior, diante do Concello de Lugo. 

Moita sorte a todxs xs participantes e moitas grazas á organización do torneo por parte do Concello de Cedeira, máis concretamente a Suso e ó resto de integrantes da Concellería de Deportes do pobo.

Deixámosvos o cartafol do torneo. ¡Vémonos por aló! 🙌

torneo de tenis de Cedeira 2021

¿Queres compartilo?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *