23/11/2020

Torneo de tenis de Cedeira 2020

Torneo de Tenis vila de Cedeira 2020

Desde o pasado día 7 de Agosto ó 26 de este mesmo mes, celebrouse na fermosa vila de Cedeira o Torneo Open de Tenis de este verán 2020.

Coincidindo cas vacacións de moitos de nos, houbo gran número de inscritos nos cadros do torneo Open que se achegaron de moitos lugares de Galicia.

No inicio do torneo creáronse grupos de 3 xogadorxs tanto nas categorías feminina coma masculina, configurandose 4 e 12 grupos respectivamente.

Os primeirxs de cada grupo pasaban directamente a un cadro final de 16 xogadorxs. Os segundos de grupo pasaban a un segundo cadro e os terceiros quedaban xa eliminados do torneo.

No cadro participaba Saúl Vérez, integrante do CT Cidade de Lugo e nado en As Pontes que fixo un gran torneo chegando a semifinais do mesmo despois dun día de moito calor na vila. Foi derrotado por Alex, un bravo xogador local que fixo un excepcional partido e deu derrotado a Saúl por un marcador de 36 64 10-6

Polo outro lado do cadro estaba o gran favorito do torneo, Mario Formoso. Xogador tamén pontés que basa o seu tenis nunhos golpes fiables e potentes, sobretodo de dereita. Algo salientable de Mario é a súa capacidad de concentración e calma en momentos clave dos partidos empregando o seu tenis con gran intelixencia.

Coma non podía ser de outra maneira, Mario consolidouse como gañador do torneo de tenis vila de Cedeira gañando na final a Alex Martinez por un claro 61 62, nun partido máis duro do que fala o marcador.

Mario Formoso levanta o trofeo como gañador do Torneo de Tenis de Cedeira 2020

Parabens ós dous finalistas no apartado masculino e tamén as finalistas na disciplina feminina.

Desde congrasilla queremos felicitar a toda a xente que fixo posible a celebración deste torneo tan bonito. Suso, capitán do navío, que fixo o imposible na xestión do torneo desde a parte máis institucional ata todas aquelas persoas que fomos descubrindo pouco a pouco (Luis, Samuel, Antonio, Mariano, etc) e que son fundamentais para que este tipo de torneos sigan celebrándose.

Ogallá o Concello de Cedeira tome nota da repercusión deste torneo e a asiduidade de rapaces da vila que apostan por este deporte. Desde congrasilla puidemos comprobar a gran demanda que hai de crear unha escola de tenis na vila e creemos que o concello de Cedeira tomará boa nota de todo esto.

Gracias por todo amigxs!! Luis, Samuel, Mariano, Suso, Antonio, Amador, Mario, persoal do concello de Cedeira, etc por facer realidade este primeiro Torneo de Tenis de Cedeira 2020.

¡Quedades convidados para vir a Lugo! (e a As Pontes!! 😉 )

Compártelo

1 pensamiento sobre “Torneo de tenis de Cedeira 2020

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *