Xornada polo ascenso. CT CDL vs CD Master Tenis Noia



Que bo día nos trouxo este mes de Xuño para afrontar a cita máis importante de Interclubes do que vai de ano. Tan importante era esta cita que aproveitamos para estrear a nova equipación do CDL.
Gracias á nosa directora de Marketing e Deseñadora Gráfica, Iria Chousa, logramos crear a imaxe que vai a acompañarnos nestos próximos anos. E, como non, dar tamén as gracias ó noso presidente Xaime Rodríguez por coordinar, xunto o equipo de I+D, a confección das prendas que nos vestirán a partir de agora.
Unha das características capitais de todos os que conformamos o clube é a ilusión ca que afrontamos algo como a creación das equipacións para un día tan sinalado para nos, no que competimos polo ascenso de categoría contra o Clube Deportivo Master Tenis Noia. Un gran equipo que viña de arrasar na fase de grupos e co que presumíamos que ibamos ter moitas dificultades se queríamos derrotalos.
Este pasado Domingo día 6 de Xuño de 2021 iniciabamos o día con eses nervios tan habituais nas citas de interclubes. Tal foi a tensión que houbo algún integrante do clube que tivo que ir de vientre en varias ocasións* antes de darse cita nas instalacións de Frigsa, donde se celebraría a eliminatoria.
* antes de seguir, dar as gracias a Desatascos Arias por chegar ó vaciado do pozo séptico da estación de servizo da Avd. da Coruña a tempo antes de que se orixinase unha situación de pánico na cidade.
Coma é de costume, chegamos Carreira, Xaime, Iago, Valentín e Saúl unha hora antes do evento para ir quencendo, falarmos un pouco e rirnos contanto tontadas mentres víamos como pouco a pouco o ceo ía tornándose azul.
Nun momentiño chegaron os integrantes do Clube Deportivo Master Tenis Noia entre risas, bo rollo e amabilidade.
Pola parte do CT Cidade de Lugo (CDL) xogaríamos:
- Xose Anxo Carreira Montes
- Saúl Vérez Fernández
- Xaime Rodríguez Rodríguez
- Valentín Arias Bruzos
- Iago Diez
- Jose Rodríguez
Pola parte do equipazo de Noia esta era a alineación ca que facían presencia:
- Cibrán López Vidal
- Alfonso Mayo
- Samuel Romarís
- Fernando Cambeiro
- Sergio Mayán
Despois de este momento de coñecernos entre nos e botar unhas risas, comezábamos ca competición. Saltaban á pista os nosos xogadores Valentín Arias Bruzos e Xaime Rodríguez que se enfrontaban contra Samuel Romarís e Fernando Cambeiro respectivamente.
No quencemento podíase prever a dificultade dos rivais de ambos partidos. Estilos clásicos, sólidos desde atrás, pouco fallo… Era o momento de demostrar que podíamos comezar a tope dando os 2 primeiros puntos da eliminatoria ó noso equipo do Cidade de Lugo.
Valentín Arias xa nos ten acostumados a medrar nas grandes citas. Despois de soltar lastre comezou o partido contra Samuel Romarís, un tipo xenial que nos tivo rindo desde o momento que o vimos. Duro de fondo, sólido pero que nada tivo que facer contra o galáctico do noso equipo. Valentín solventou o partido dándo ó CT Cidade de Lugo o primeiro punto da eliminatoria ofrecéndonos unha masterclass gratuita de como arrasar de dereita a un rival que pouco puido facer contra o estado de gracia do noso xogador. 60 60 ¡¡¡Bravo Valentin!!!
Na pista do lado dábase cita o noso presidente, Xaime Rodríguez, medio androide e medio tenista, un tipo xenial que sempre garantiza tempranza, solvencia cun xogo técnico, entretido e brillante. Fernando anticipaba un duelo a cara de can, no que deixou ben claro desde o comezo que o noso xogador ía ter moi dificil a victoria. Nun inicio tituveante no que Fernando se levou o primerio set e puxo en serios problemas ó noso xogador. Xaime cun arranque de maestría logrou darlle a volta ó partido e levou un gran aplauso da parroquia lucense tras dobregar a un gran Fernando Cambeiro por un resultado de 64 06 3-10. ¡¡¡Grande Presi!!!
De seguido saltaba á pista ó noso namber guan, o incombustible, o incomparable Xose Anxo Carreira Montes. En paralelo, Saúl Vérez, un dos talentos máis importantes que deu a Rúa Pontedeume de As Pontes de García Rodríguez, saltaba á pista para intentar facer outro punto que nos dera a tranquilidade suficiente para afrontar os dobres.
Carreira competía contra o xenial xogador noiés Cibrán López Vidal, un xogador que xa se fixo querer por todos nos desde o primeiro minuto co seu bo rollo e carisma. Sabíamos de antemán que Cibrán non ía poñer as cousas doadas ó noso número 1. Carreira viña de ter unha semana pragada de partidos dada a súa inscripción na I Liga Federada de Vilalba e chegou a este partido mermado de forzas. Cibrán despregou un moi bo xogo que Carreira intentou contrarestar sen froitos e, dado o cansanzo acumulado, non puido tirar de épica para lograr este punto tan importante. De todos xeitos, foi un partido emocionante con momentos nos que Carreira igualaba a contenda pero que finalmente solventou o xogador visitante cun resultado de 64 63. ¡¡¡Grandísimo Carreira!!!
Na pista do lado dábase cita Saúl Vérez, xogador pontés, que intentaría dobregar a un campión como Alfonso Mayo. Falamos de campión porque Saúl xogaba contra o campión de España de badminton na súa categoría e amigo e compañeiro da grandísima campiona de badminton, Carolina Marín. O partido intuíase apretado. Alfonso despregou un xogo rápido a dous golpes que impediu a Saúl entrar en ritmo de partido. Despois de iniciar cun 4-1 a favor do xogador pontés, Alfonso igualou a contenda e dispuxo de bola de set con 5-4 a favor. A partir dese momento o noso xogador abriu a caixa de ferramentas e logrou identificar a que máis lle serviría para derrotar a Alfonso. Cun xogo táctico deu levado o primeiro set e iniciou o segundo set con certa solidez. Despois de casi 2 horas e 15 minutos lograba vencer neste durísimo partido a Alfonso por un resultado de 75 62. ¡¡¡Grande Saúl!!!
Con 3-1 a puntos dábanse cita os partidos de dobres. Os partidos serían:
- Carreira e Valentín vs Cibrán e Sergio Mayán.
- Xaime e Saúl vs Alfonso e Fernando.
O partido de Carreira e Valentín foi un partido apaixoante, cheo de bos puntos no que, tanto Carreira coma Valentín, despregaron un xogo preciosista cheo de veteranía para sacar adiante puntos imposibles e derrotar ó dobres rival por un tanteo de 75 62.
O partido de Xaime e Saúl foi case un calco dos partidos inviduais que disputaron ambos xogadores nos partidos de individuais. Partido duro, con moitas alternativas donde se podía intuir que a diferencia ía ser máis táctica que tenística. Despois dun bo inicio local os xogadores rivais puxéronse 5-3 no primeiro set. Xaime e Saúl cambiaron a táctica e dominaron cun xogo menos preciosista pero cargado de estratexia que levaron a acadar un bo resultado no primeiro set e continuou no segundo. 75 62 para o noso dobres.
Despois de esta victoria e de lograr o ascenso, decidimos ir ó Taberna dos Peña a pedir algo de xantar para despois celebralo entre todos nos. Tortillas, ensaladas, empanada, xeados, bo ambiente, ilusión polo ascenso, todo esto na casa de Xelo e Celia da Campiña donde estivemos contando historias mentres xantábamos e brindábamos ó sol ata case chegada a noite.
Dar as gracias a este equipazo por toda esta tempada na que tan so perdimos 4 partidos e gañamos 35. Tamén dar as gracias a todos os compoñentes individualmente como son o caso de Jose British, Iago Diez, David Rio, Anxo Dopico, Carreira, Valentin, Xaime, Miragalla, Hugo Paz, Iria, Vanessa, Saúl… a todos vos, darvos as gracias por ser xente ca que merece compartir unha afición como é esta e que estamos seguros que traerá moitas máis ledicias.
E por último, dar gracias a todxs os integrantes do equipo de Clube Deportivo Master Tenis de Noia por sumar e aportar tanta alegría e facer que estos días se graben nos nosos recordos. Moitas gracias de corazón.
¡AUPA CDL!
RESULTADO FINAL: