XXIX Torneo San Ramón de Vilalba 2022



Na semana do 22 de Agosto, démonos cita parte do séquito do CDL en terras chairesas para competir por un posto na gloria e para traer un trofeiño máis ás nosas vitrinas tan desnutridas.
Alí, vimos pasar a talentos da talla de Carlos Tubío, Pablo Martín Vázquez, Jairo, Hugo Teijeiro e David Barreiro. Entre tanta figura alí estábamos nos, Xaime, Carreira e Saúl, intentando gañar o ansiado cheque de 10.000€ donado pola escola de Bolletieri.
Despois do partido que enfrontaba a José Basanta e Saúl Vérez cun resultado 62 62 a favor do primeiro, decidimos xogar un dobles entre todos e as risas foron moitas diante da parroquia vilalbesa que nos miraba con estupor. Iria e Socio participaron deste momento como é de costume aló a donde imos.
Dar as grazas a Jesús Bouza e tamén a Hugo Teijeiro por ser tan xeniais.
Finais:
No día das finais houbo gran ambiente nas gradas. Disputáronse as finais Infantil Feminino, Absoluto masculino e Veteranos +35.
- Na categoría Infantil Feminino disputaron a final a perla de Muimenta, Ariana Vazquez Crecente e a xogadora madrileña Adela García. Despois de un longo partido, este decantouse para a xogadora local por un tanteo de 63 63. Partidazo!
- Na categoría Absoluto Masculino enfrontábanse o xogador nado en Muimenta José Basanta e o xogador madrileño Enrique García. Partido disputado con alternativas para ambos xogadores que finalmente se decantou para o xogador madrileño 62 63.
- Na categoría Veterano +35 anos enfrontábanse dous vellos (e bellos tamén) amigos. David Carricoba nado na cidade de Lugo e o xogador pontés afincado en Lugo, Saúl Vérez. Disputaron un bo partido con oportunidades para ambas partes e que, como é de costume, cun xogo preciosista, David levou o partido con certa solvencia. 62 62 para o xogador lucense.
Como decíamos, houbo moita xente presente nas 3 finais e desde a redacción de Congrasilla en Torrespaña, queremos dar as gracias, non só as persoas que aproveitaron o Mércores para estar vendo tenis de nivel en Vilalba, senón tamén á Paulino (director do torneo) por facer que este torneo sexa referencia no tenis galego. E por que non decilo, gracias tamén por esos pinchos que tanto nos souperon ó final do evento.
A presenza de Alex e Iria nas gradas deu un caché ó torneo a maiores polo que Paulino xa entrou en conversas co seu representante para que o próximo ano acudan ó torneo en calidade de animadores socioculturais.
A todas, a todos, moitas gracias por estos momentos. Vémonos para o ano! 🙂👍
Deixamosvos unhas fotiñas do evento, a ver se vos molan.