Zapatillas J’Hayber clásicas de home.



Se hai unha zapatilla de tenis á que a todxs xs tenistas nos une esta é a mítica zapatilla J’Hayber. ¿Quen non tivo algunha vez unhas J’Hayber na súa casa?
Tirando un pouquiño de historia, J’Hayber saca «Antorcha» a súa primeira zapatilla deportiva no ano 1972. Desde entón, comeza o mito J’Hayber. Na década dos 80, dous modelos de esta marca, «Olimpo» e «Athenas», dan o salto ás pistas de tenis.
Foi a partir de 2009 que J’Hayber saca os modelos vintage, deseños clásicos da marca impregnados de ese espiritu dos 80 que tanto nos marcaron.
Nos, o Tenis Cidade de Lugo (CDL) e moitos equipos amigos como son o caso do Clube de Tenis As Termas, Clube Fluvial de Lugo, Clube de Tenis Muimenta, Clube de Tenis As Pontes, Clube de Tenis Vilalbés e moitos outros coincidimos en que non hai mellores zapatillas para xogar en mollado na nosa superficie máis común.
Aquí en Galicia donde a climatoloxía normalmente é adversa, as pistas son de superficie tenis quick. Neste tipo de superficie é importante dispor de zapatillas que se adapten á auga. Sen dúbida algunha non hai raqueteiro en Galicia no que non haxa unhas zapatillas J’Hayber.
Este post pretende ser un pequeno guiño a esta marca que sempre estivo preto de tenistas coma nos.