Clube de Tenis CDL vs Clube de Tenis Justo al Revés. Interclubes 2023

0
justo al reves y cidade de lugo de buen rollito

As rotativas de Marca facían eco da chegada do Clube de Tenis Justo al Revés de Perlío á nosa cidade. 

Somos vellos coñecidos e sempre reinou un trato impecable e na mesma onda e este fin de semana non ía ser menos. Cada vez que estos rudos xogadores aterrizan en Lugo a cidade treme e o nerviosismo aflora; ás veces que nos tocou xogar contra este clube houbo moita tensión competitiva en cada un dos partidos xogados. Justo é como o Leónidas e o resto, os 299 restantes, conforman a equipa dos 300 de Justo. ¡Medo! 

Comezabamos ás 10:00am deste Domingo 05 de Febreiro, nunha mañá que nos recibeu cun sol precioso e un frío habítual destas datas. O equipo rival xa nos agardaba na pista Suzane Lenglen de Frigsa.  

  • Xogaban polo CT Justo al Revés: David (4), Rubén (3), Justo (2) e Gustavo (1)
  • Xogaban pola parte do CT CDL: Miguel (4), Xaime (3), Carreira (2), e Saúl (1)

justo al reves y cidade de lugo de buen rollito

Comenzabamos a xogar nas 4 pistas. Miguel e David Pena xogaron un gran partido, desos que son tan duros que un acaba acalambrado e arrepentido de sair da cama cando sonou o despertados. Xogo de intensidade, moitas carreiras, seguridade e finalmente, caeu do lado do rico e guapo David Pena por 63 62. Noraboa polo partido!! 

O presi que xestionou a pasada semana o contrato con Bet365 polos seguintes 5 anos, Xaime Rodríguez, enfrontábase á perla Monfortina, Rubén Casanova. Xaime, ca seriedade que sempre acostuma, confundeu a Rubén desde o inicio. Rubén contrariado ó verlle as pernas a Xaime, ó inicio de partido que non cría que Xaime non debería ter máis de 23 anos pero pouco a pouco foi dubidando ata ver que o partido se tornaba a partido de veteráns, A partir dese momento puxeron o modo fozón en ON. Logo de moita batalla Xaime logrou desenvolver o seu xogo e deu derrotado ó monfortino por 62 75. Parabens rapazada!

Un clásico do tenis, xa non de Lugo, do universo é Carreira. Un xogador polivalente que se amolda como unha luva a calquer tipo de xogador. Se Carre xoga con Federer queda 76 76, pero se xoga ca miña abuela tamén quedaría 76 76. Abonado ós largos traxectos tenísticos, este maratoniano do tenis que pensaba ata fai pouco que a Federación daba máis puntos para o ranking canto máis tempo pasabas en pista, medíase ó gran Leónidas da zona de Ferrolterra. Logo de comezar a topísimo, a Justo asomábaselle Obama polo pantalón, que tiña a Jordan colgado do aro, e veu como Carreira comezou a subir de nivel. Aí o partido igualouse pero, despois de algún que outro intercambio de excelente calidade, o partido decantouse por 8-7 no tie break do segundo set. Justo levou o partido por 63 76 nun final épico. Parabens para ambos!

justo al reves y cidade de lugo de buen rollito

Na pista 1 Flushing Meadows dábanse cita dous vellos coñecidos. Gustavo Montero e Saúl Vérez. Gustavo, cun xogo sen fisuras dobregou ó xogador pontés nun partido competido no que o resultado foi demasiado duro para o xogo que se podía ver. O feito de ver a Gustavo por Lugo congregou a moito público feminino que abarrotaron os graderíos de Frigsa con pancantas nas que se podían ler cousas como “Gus, empadrónate aquí” o “Gustavo para cuando la camiseta blanca de Justo al Revés”. O partido decantouse finalmente a favor do latin lover da ferrolterra por un claro 63 61.  

Saltaban os dobles ás pistas. No dobres 2  Oscar Expósito e Xaime Rodríguez no que intentaban sumar ese puntiño tan importante para o noso equipo. Diante tiñan ós seus rivais de individuais, Justo e David que saltaron a pista con gañas de dobregar ó noso equipo desde o comezo. Os nosos xogadores vaciaronse pero non deron atopado a fisura no xogo dos xogadores locais e non lograron dobregar a esta parella tan consolidada. Finalmente sucumbiron ca parella local por 6-1 6-4

No dobres 1 saltaban á pista Miguel e Saúl contra un dobres sólido como é o conformado por Rubén e Gustavo. A parella lucense comenzou o partido sen fallo, sen ansiedade e tendo claro o que había que facer. A parella local sempre te mantén atento xa que son unha mezcla de talento e tesón. Finalmente, os xogadores do CDL gañaron por 6-1 7-5

Daban as 15:30 da tardiña e decidimos ir a xantar todos ó Suso de Garabolos. Alí moitas risotadas, moitas anécdotas e historias que nos fixeron ameno o Domingo. Coñecimos tamén á tropa máis nova do clube de Fene que se xuntaron a nos despois de vir xogar no Palomar contra un dos equipos de Jacobo Nuñez. Gracias Lucas, Alex e Samuel por facernos rir tanto. 

justo al reves y cidade de lugo de buen rollito

Agradecer a todos os integrantes do Clube de Tenis Justo al Revés o seu cariño e a súa disposición por facer o ben no mundo do deporte que máis amamos. 

Un bico enorme para aqueles que non puideron vir como é o caso de Valentín, pero tamén ás nosas señoras. Botamos moito de menos a Sabela e a Nabia, a Alex e a Iria,, a Lorena… a esas rapazas que nos aportan tanto e que botamos tanto de menos cando imos xogar. 

¡GRACIAS! 

Aupa CT Justo al Revés!!! Aupa Cidade de Lugo!!!!

RESULTADO FINAL:

Clube de Tenis CDL 2 – 4 Clube de Tenis Justo al Revés ?

¿Queres compartilo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *