El Informal. Programa humorístico da televisión.

0
equipo de el informal, programa de televisión

Se existe un programa de televisión que fixo mella en nos e que nos divertiu ata a extenuación a moitos de nos ese é El Informal.

A gran época deste programa da televisión coincideu na época de estudiantes que tivemos algúns de nos aquí en Lugo. Recordo grabar os especiais de El Informal no verán para traelos unha vez iniciaba o curso lectivo que coincidía en pleno San Froilán. As risas estaban aseguradas.

Grandes amigos como Pepe, Chao, Yayo, Hugo Paz, Doval, Xacobe, Miki, Norby, Diego, Rober… e moitos máis, xuntábamonos no piso agardando mentras alguén de nos metía esa cinta VHS no vídeo. Pegados á pantalla sen parar de rir, pasábamos as horas.

Seguro que a estas alturas esto che parece unha tontada, pero non o é. Podemos decir que ainda hoxe levamos impreso no noso ADN aquelas tontadas e aquelas frases célebres que saían de esa xente que conformaban o equipo do programa.

21 anos despois, seguimos dando as gracias a Florentino Fernández, Javier Capitán, Patricia Conde, Inma del Moral, Miki Nadal, etc por facer que a nosa infancia fora un pouquiño mellor e máis feliz.

Deixámosvos cunha recopilación de Falsas Tomas Falsas. Agardamos que vos guste. 🙂

¿Queres compartilo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *